_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Concello e XTodas renovan a súa colaboración para asesorar e acompañar a vítimas de violencia de xénero

O Concello e a asociación XTodas acaban de renovar o convenio que lles permitirá continuar colaborando, por terceiro ano consecutivo, en materia de erradicación da violencia machista e de apoio ás mulleres vítimas desta lacra. O alcalde, Alberto Varela, e a presidenta do colectivo, Eylin Colmenares, asinaron este mediodía en Ravella o documento mediante o que o Concello aporta a XTodas 1.500 euros e amplía un ano máis a cesión do local da Escola Unitaria de Bamio a cambio de que persoal formado do colectivo complemente as labores de asesoramento e acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero en situacións ás que non chegan os servizos municipais a través do CIM.
18.08.2020.- Segundo se establece no convenio, a asociación XTodas comprométese a colaborar coa Concellería de Igualdade no marco deste convenio e dotar ás súas voluntarias da formación necesaria para o apoio e acompañamento ás mulleres vítimas de violencia machista, especialmente ás usuarias do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Vilagarcía, garantindo, en todo caso, a confidencialidade das beneficiarias. Así mesmo, o colectivo debe derivar a todas as beneficiarias dos acompañamentos que realice ao CIM, como centro coordinador e responsable de ofrecer e garantir información e asesoramento social, xurídico e psicolóxico ás mulleres vítimas da violencia machista. En consecuencia, a asociación debe comunicar periodicamente ao CIM a relación de mulleres atendidas.

Dado que o Concello cede en precario á entidade o local da Unitaria de Bamio, XTodas comprométese a manter en bo estado as instalacións. Por último, o colectivo deberá reflectir en toda a súa publicidade a colaboración do Concello.
O colectivo XTodas leva tres anos colaborando co Concello nas labores de asesoramento e acompañamento a vítimas de violencia machista nas situacións ás que a administración non chega por limitación de persoal ou horarios de atención ao público. No último ano comprendido entre mediados de 2019 e mediados de 2020, a asociación leva atendido en torno a 25 mulleres vítimas de violencia machista, ademais de ter organizado obradoiros e actividades formativas sobre a materia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -