_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Comezan as obras de construción do paseo marítimo entre Ferrazo e Canelas

Os traballos para a ampliación do paseo marítimo e o carril bici dende a punta de Ferrazo ata o remate da praia de Canelas comezaron, tal como estaba previsto, tras a festividade de San Roque. Instaladas as casetas de obra, os operarios da empresa adxudicataria, Sergonsa Servicios S.L. dedican a xornada a valar a zona pola que comezarán os traballos e a instalar a correspondente sinalización para advertir a condutores e peóns da situación e dos cambios que implica. As obras comezarán pola parte interior do vial, ocupando o carril da circulación que discorre paralelo á depuradora. O tráfico rodado manterase en ámbolos dous sentidos de forma alterna e mediante regulación semafórica, mentres duren as obras. Co proxecto do Paseo Marítimo a Vilaxoán o Concello rexenerará a fachada litoral dunha zona privilexiada que se atopaba bastante degradada, recuperándoa para uso e goce das persoas.
18.08.2020.- Segundo o plan de obra establecido pola adxudicataria, mañá mesmo comezarán a demoler o muro da EDAR, que se retranqueará todo o que as instalacións da depuradora o permitan. Deste xeito gañaranse os metros necesarios de terreo que, unha vez completado o proxecto, permitirán manter os dous carrís de circulación de vehículos, á vez que dar cabida á zona de paseo peonil e ao carril bici. Tras o retranqueo do muro e o acondicionamento dese carril, pasarase a actuar no outro lado da calzada, o de beiramar, por onde se habilitarán o paseo marítimo e o carril bici.

O Concello inviste nesta importante actuación 640.640 euros que se financian con fondos propios procedentes do superávit de 2018 e cunha partida dos fondos europeos da EDUSI correspondentes á liña de "Impulso e mellora de medioambiental de zonas urbanas" do programa "Vilagarcía Avanza".

Coa execución desta obra, darase continuidade ao Paseo Marítimo e ao carril bici que actualmente finalizan na punta de Ferrazo e que se ampliarán ata o remate da praia de Canelas. O tramo contará cun paseo peonil pegado ao mar que terá un ancho de 4,45 metros e, en paralelo a este, cun carril bici de 2,5 metros de ancho. A zona de tráfico rodado disporá de 6 metros de ancho para habilitar dous carrís de 3 metros cada un.

A zona de paseo dotarase de bancos individuais e bancadas de aceiro galvanizado con respaldo de madeira de pino cuperizado e tratado para resistir á intemperie. Tamén instalarán papeleiras e unha fonte de auga potable adaptada ao uso de persoas con mobilidade reducida. Elementos vexetais a base de plantas ornamentais e aromáticas e tamén pequenas árbores de folla perenne que contribúan a aportar zonas de sombra, completarán a zona de esparexemento de beiramar, mentres que unha pantalla vexetal a base de plantas trepadoras cubrirá o novo muro da EDAR no lado oposto da vía. Ademais, reformaranse as escaleiras que dan acceso á praia de Canelas.

O proxecto tamén prevé a renovación do alumeado público da estrada con luminarias de estética similar ás columnas que iluminarán a zona do paseo e do carril bici, todas elas de tecnoloxía led.

O proxecto que vén de iniciarse ten un prazo de execución de 7 meses, polo que debería estar rematado na primavera de 2021 para que os vilagarciáns poidan gozar deste paseo por beiramar, a pé ou en bici, a través dun trazado atractivo e seguro que ademais sirva como elemento dinamizador e atractivo turístico para as parroquias de Sobradelo e Sobrán.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -