_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
A xunta xestora da asociación de veciños de Vilaxoán preséntase oficialmente no Concello

O goberno local de Vilagarcía recibiu esta mañá aos integrantes da recén constituída xunta xestora da asociación de veciños de Vilaxoán. Tratouse dunha reunión formal de presentación oficial da xestora ante o Concello e que terá continuidade nas vindeiras semanas con novos encontros cos que continuar traballando conxuntamente na consecución de novas melloras para a localidade vilaxoanesa que se sumarán ás xa executas ou que o goberno local ten actualmente en marcha.
07.07.2020.- O alcalde, Alberto Varela, presidiu a representación municipal da que tamén formaron parte a voceira do goberno, Tania García e o concelleiro e veciño de Vilaxoán, José María González. Por parte do colectivo veciñal asistiron os sete membros que compoñen a xestora, todos eles integrantes de anteriores directivas polo que contan cunha extensa experiencia na dirección da asociación así como en exercer de interlocutores do pobo de Vilaxoán ante o Concello. Son Juan José Outes, Teo Cardalda, Joaquín Santamaría, Marcos Casás, Ramiro González, Miguel Miguéns e Tomás Rodríguez.

O rexedor destacou esta circunstancia e agradeceulles a súa disposición para poñerse ao fronte e non deixar morrer a un colectivo pioneiro en Galicia, posto que a de Vilaxoán foi a segunda asociación veciñal constituída en Galicia nos albores da democracia, concretamente no ano 1976. Varela Paza agradeceulles a todos eles o traballo realizado durante estes anos en beneficio de Vilaxoán e fixo extensivo o agradecemento ás demais persoas que formaron parte das sucesivas directivas.

A xestora informou ao goberno de que a asociación de veciños segue activa e operativa con eles ao fronte e ata o momento en que se elixa á nova xunta directiva, proceso que conlevará a realización do correspondente proceso electoral O vindeiro xoves, unha delegación do goberno municipal encabezada polo alcalde visitará Vilaxoán para manter outro encontro da xestora do colectivo veciñal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2020  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -