_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Festaclown volve do 13 ao 22 de agosto cunha terapia a base de humor, esperanza e rebeldía

Por sexto ano consecutivo Vilagarcía acollerá durante a semana das festas patronais de San Roque o Festaclown. Dados os tempos pandémicos que vivimos, o festival preséntasenos como unha terapia a base de humor, esperanza e rebeldía a desenvolver do 13 ao 22 de agosto. Readaptado ás circunstancias da “nova normalidade”, o festival global e solidario contará este ano cun único escenario na Praza da II República, con tres sesións ao día, e cun coidado protocolo de seguridade que implica, entre outros aspectos, un aforo limitado e a reserva previa de praza, aínda sendo todo de balde. Tamén como novidade, a cultura galega predomina no cartel, cos 6 estreas de compañías autóctonas, sen deixar de lado o carácter global, con outras 2 de compañías internacionais.
05.08.2020.- Baixo estas liñas xenéricas e tendo moi claro que “o humor é curativo e que merecémonolo despois do vivido e para poder cargar as pilas polo que aínda non poida vir”, o Festaclown presentouse hoxe cun acto no que participaron o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela; a concelleira de Cultura, Sonia Outón; o director da AGADIC, Jacobo Sutil; os membros de Culturactiva, Nacho Fungueiriño e Fran Rei, e a artista, Iria Risco.

Como xa se dicía, a programación deste ano fai unha clara aposta pola cultura galega como apoio aos artistas de proximidade nestes complicados tempos que estamos a vivir. Así, o Festaclown conta con grandes compañías da terra como Mofa e Befa, Cía N+1, Peter Punk, SUMA, Píscore… e incluso estrea dunha nova compañía que dará moito que falar: Trío Detrés. Tamén contará con artistas de renome internacional como Cía Vaya ou Simone Romanó que nos achegarán dúas estreas mundiais, e artistas estatais como Albert Vinyes ou Javi Javichi, que amosarán o viva que continúa a tradición do pallaso e do malabarista circense.

Este remodelado Festaclown presenta a súa cara máis reivindicativa cunha gala pola sanidade pública e outra que reivindica o papel das mulleres no mundo da arte, o circo e a risa, cunha gala feminina do máis alto nivel.

O alcalde, Alberto Varela comentou na presentación o necesario que é o humor sempre, e mais, nestes tempos que estamos a vivir “e os espectáculos que nos trae o Festaclown son a mellor receita que se pode prescribir tanto para nenos como para adultos, xa que se trata de espectáculos familiares cun nivel de lectura infantil, co que os nenos rin disfrutan como tolos, pero con outro nivel cargado de ironía e de rebeldía que so os adultos apreciamos, valoramos e tamén disfrutamos”.

Neste sentido, preséntase “A saúde é o primeiro” unha gala de humor reivindicativo porque “o humor é fundamental para a saúde, pero tamén é fundamental fortalecer o noso sistema sanitario sen recortes”, segundo expuxeron dende Cultuarctiva. Fram Rei, Pedro Brandariz, o Mago teto, Isabel Risco e Albert Vinyes forman o elenco deste espectáculo.

E tamén con clara vocación reivindicativa representarase “Cirqueiras”, unha gala que pretende facer visible o gran nivel das artistas, pallasas e humoristas femininas nun mundo no que sempre se as infravalorou e sempre estivo dominado por homes. Mónica de Mut, Ánxela Branco, Vanessa Rivas, Marta Semprearriba e Raquel Vegamzomes, son as artistas que interveñen neste espectáculo.

Cada xornada haberá tres pases dun espectáculo, en horario de mañá, de tarde e de noite. Todos na Praza da II República (explanada do Auditorio). Para asistir haberá que reservar entrada a través da web http://www.festaclown.gal
Prégase ao público que acuda con tempo suficiente para acomodarse nas cadeiras. Cinco minutos antes do comezo da función, as cadeiras baleiras quedarán a libre disposición ata completar o aforo.

A concelleira de Cultura, explicou que o goberno de Vilagarcía apostou dende o primeiro momento pole este festival, pola calidade e polo concepto mesmo, tanto de contidos como pola forma, con microespectáculos de rúa e para toda a familia. “E este formato é o que mellor se adapta á nova normalidade, polo que, máis que nunca seguimos apostando polo Festaclown como parte esencial do programa de San Roque”.

Pola súa banda, o director da AGADIC agradeceu o esforzo realizado polo festival para adaptarse e seguir traballando neste complicado panorama e lembrou as diversas iniciativas e liñas de axuda postas en marcha pola axencia para seguir apoiando ao sector cultural galego e para axudalo a saír da crise consecuencia das restricións que impón a pandemia do coronavirus.


Programa completo e + info en:
http://www.festaclown.gal
http://www.vilagarcia.gal
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -