_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Policías de Pontevedra e Vigo reforzarán a vixilancia nocturna durante as festas, con especial atención ás normas COVID

O Concello de Vilagarcía acolleu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade co obxectivo de deseñar e coordinar o dispositivo de seguridade a desenvolver durante as festas patronais de San Roque. A diferenza do que é habitual todos os anos, o dispositivo deste ano centrarase principalmente na vixilancia e control das normas hixiénico sanitarias do COVID, para o cal as policías Local e Nacional de Vilagarcía contará con persoal de reforzo das comisarías de Pontevedra, Vigo e incluso de Santiago. Dadas as circunstancias que estamos a vivir coa pandemia, as autoridades advirten que serán estritos na aplicación da lei e na imposición de sancións.
05.08.2020.- O alcalde, Alberto Varela, e a subdelegada do Goberno, Maika Larriba presidiron a Xunta Local de seguridade na que participaron tamén o concelleiro de Seguridade Cidadá, José María González; e os responsables provinciais e locais do Corpo Nacional da Policía e da Policía Local, así como o responsable do Servizo Municipal de Emerxencias.

A subdelegada do Goberno explicou que este ano o dispositivo habitual de seguridade para durante as celebracións de San Roque intensificarase, especialmente no que se refire ao ocio nocturno, “para garantir que vilagarciáns e visitantes poidan participar nas celebracións en condicións de máxima seguridade”. Neste punto o alcalde lembrou que, para reducir o máis mínimos risco de propagación do coronavirus, os actos multitudinarios do programa de festas desaparecen este ano do programa de festas. “Por razóns obvias, este ano non haberá Festa da Auga, subida do Santo, procesión, desfile de carrozas…. Tempo haberá para volver a gozar destes grandes eventos tal como os coñecemos, pero para iso este ano todos e cada un de nós temos que ser responsables e contribuír a que as cousas vaian ben para acabar canto antes con esta pandemia”.

Maila a eliminación dos eventos que tradicionalmente aglutinan nas rúas a milleiros de persoas, o dispositivo trazado na Xunta Local de Seguridade prevé igualmente un operativo especial para a noite do 15 ao 16 de agosto, en previsión de que haxa quen se anime igualmente a vir a Vilagarcía a realizar celebracións multitudinarias e a que se organicen de botellóns. Sobre este aspecto en concreto, o rexedor lembrou que a Xunta de Galicia vén de reiterar a prohibición da celebración de botellóns e que, como xa se dixera e prevé a mesma norma, se solicitou a presenza da Policía Autonómica para colaborar nas labores de vixilancia e control.

Despois de explicar as liñas principais do dispositivo preparado, tanto Varela como Larriba fixeron un chamamento “á responsabilidade e a solidariedade individual” das persoas para que cumpran escrupulosamente as normas hixiénico sanitarias e eviten calquera tipo de comportamento de risco para que todos poidamos gozar destas atípicas festas con total seguridade.

Prohibido lanzar auga

Por parte do Concello, todos os actos que se organizan dentro do programa,a seguirán un rigoroso protocolo como espazos acotados, prazas limitadas, control de aforo, reserva previa, público sentado en cadeiras distanciadas, entradas e saídas por lugares diferenciados, uso de máscara…. Maila isto, o rexedor insistiu en que é preciso a colaboración individual das persoas tanto dentro como fora destes actos, evitando as aglomeracións, usando sempre a máscara e respectando todas as normas. Do mesmo xeito, Varela anunciou que ademais de non celebrarse a festa da Auga, para evitar problemas, concentración de persoas e outros riscos, tamén se prohibirá lanzar auga dende fiestras, balcóns ou por calquera outro medio o día 16 de agosto.

Pola súa banda, Larriba fixo un chamamento especial á Xuventude “da que son unha gran defensora porque sei do seu potencial e valores, pero tamén sabemos que dado que son os que máis gozan destas celebracións, sobre todo das multitudinarias, que é a eles a que debemos dirixirnos moi especialmente para que extremen as precaucións, sexan responsables e solidarios”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2020  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -