_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello leva concedidas 303 axudas á reactivación, máis da metade das solicitudes recibidas

O prazo para solicitar as axudas á reactivación económica convocadas polo Concello de Vilagarcía rematou o pasado 26 de xuño cun total de 533 solicitudes presentadas. Un mes despois, a Área de Promoción Económica leva xa revisadas, informadas e resoltas máis da metade dos expedientes. En total son xa 303 as solicitudes de axudas concedidas. Conscientes da complicada situación que atravesaban moitos negocios do municipio tras o peche durante o confinamento, o departamento que dirixe Alba Briones dou prioridade absoluta á tramitación desta liña de axudas para, na medida do posible, tratar de aliviar a situación.
01.08.2020.- A revisión dos expedientes comezou polas denominadas "actividades preferentes" que son aquelas que se viron abocadas ao peche total da actividade. Tratase de pequeno comercio en xeral, hostalería, perruquerías, centros de estética…). As 303 solicitudes concedidas correspóndense a este grupo polo que a suma individual da axuda ascende a 500 euros, que se eleva a 800 se un mesmo titular posúe dous negocios deste grupo.

A continuación pasaranse a avaliar o resto das solicitudes presentadas, as relativas ao resto de negocios e actividades que, aínda que non se viron abocados ao peche forzoso, puideron sufrir perdas. Nesta caso, a suma da axuda é de 300 euros, que pode chegar a 500 se un mesmo titular dispón de dous establecementos.

Dado o volume de traballo que están rexistrando as asesorías como consecuencia de toda a problemática xerada pola pandemia, o Concello decidiu ampliar ata o 30 de setembro o prazo de xustificación das axudas concedidas, de xeito que os beneficiarios dispoñan de tempo suficiente para facerse coa documentación que deben presentar ante a administración local.

Ao igual que outras iniciativas postas en marcha polo Concello de Vilagarcía para tratar de paliar os efectos da crise xerada a consecuencia da pandemia, a liña de axudas á reactivación enmárcase na campaña "Son da Casa!".
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -