_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Xunta Local de Seguridade reúnese o mércores para coordinar o control das normas COVID durante as celebracións de agosto

O Concello de Vilagarcía acolle o mércores, 5 de agosto, a reunión da Xunta Local de Seguridade. O órgano que soe reunirse anualmente nestas datas para coordinar os operativos de seguridade cidadá relacionados cos actos multitudinarios das festas San Roque, amplía este ano o seu ámbito de actuación para centrarase tamén no control do cumprimento da normativa COVID nas celebracións e nas zonas de ocio nocturno.
31.07.2020.- A subdelegada do Goberno na provincia, Maica Larriba, presidirá co alcalde, Alberto Varela, a reunión que ten como obxectivo e principal punto da orde do día “Reforzar a presenza policial nas celebracións festivas que terán lugar no mes de agosto co fin de garantir o cumprimento das normas establecidas en materia de saúde pública e prevención do contaxio do COVID”. O reforzo aos efectivos da Policía Local realizarase con axentes da Policía Nacional e Garda Civil. Dadas as circunstancias que se están a vivir cos rebrotes do COVID, o Concello tamén solicitou a intervención da Policía Autonómica en base ao establecido na propia normativa autonómica na que se fixan os protocolos a seguir nas actividades de ocio nocturno, festas, verbenas e outros eventos populares e atraccións de feiras,

O segundo e último punto da orde do día da Xunta Local de Seguridade refírese precisamente ao establecemento do protocolo de colaboración, coordinación e cooperación en materia de seguridade cidadá entre os corpos e forzas de Seguridade do Estado e a Policía Local.

En tanto non se celebra esta Xunta, o Concello de Vilagarcía intensificará esta fin de semana as inspeccións e controis dos locais de ocio nocturno para garantir que se cumpran todos os requirimentos de seguridade e prevención do COVID, tanto no que ás medidas hixiénico sanitarias se refire (uso de máscaras, distancias, xel..) como de horarios. Ademais, dada a evolución que está a seguir a pandemia e aos excesos que se detectan nalgúns lugares, xa se comunicou aos hostaleIRos do sector do ocio nocturno que nas denuncias polos iNcumprimentos detectados proporanse as sancións máximas previstas na lei.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -