_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
AVISOS
Sanidade desaconsella temporalmente o baño na praia do Preguntoiro

O Servizo Municipal de Emerxencias izou ás dúas desta tarde a bandeira amarela na praia do Preguntoiro para advertir aos usuarios do areal de que se desaconsella o baño de forma temporal. A medida adoptouse apenas quince minutos despois de que a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade comunicase por teléfono ao Concello a “non recomendación de baño” en base aos resultados dunha mostraxe tomada o pasado martes cuxa analítica rexistrou unha concentración microbiolóxica por riba dos parámetros estabñecidos. Dado os prazo transcorrido, dous días, como xa o fixera o alcalde nun episodio anterior, o Concello demanda máis axilidade á Xunta á hora de realizar e comunicar os resultados das analíticas en plena temporada de baño cando os resultados esixen a adopción de medidas ou pode estar en risco a saúde das persoas.
30.07.2020.- O Concello adoptou as medidas requiridas tan pronto como tivo coñecemento da situación, izando a bandeira amarela e colocando carteis informando da non recomendación. Maila isto, dado que o episodio que provoca que se desaconselle o baño produciouse o martes sen que nin usuarios nin Concello tiveran coñecemento do mesmo, pídese á Xunta que modifique os protocolos e axilice o procedemento e comunicación para evitar, de ser o caso, posibles riscos aos bañistas e tamén os prexuízos que supón para o Concello e para a propia praia ter izada a bandeira amarela durante varias xornadas sen saber o estado real das augas. Isto sucede porque, no mellor dos casos, aínda haberá que esperar outros dous días a coñecer o resultado da contraproba, prazo que pode prolongarse ata os catro oun cinco días por atoparnos a finais de semana e ter de por medio o sábado e domingo, dous días non laborais. Isto foi o que aconteceu nun episodio anterior na Compostela hai unhas semanas, e polo que xa o alcalde se dirixira aos responsables de Sanidade demandando un protocolo máis áxil que permita dispor de datos fiables e das contraanálises no menor tempo posible.

O Concello, pola súa banda, investigará a causa da concentración microbiolóxica para actuar en consecuencia, adoptando as medidas que procedan si están na súa man e son da súa compet encia ou de facer as xestión oportunas ante os organismos ou administracións ás que correspondan.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -