_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello solicita o apoio da policía autonómica para vixiar e controlar a normativa COVID no ocio nocturno

O Concello de Vilagarcía dirixirase á Xunta de Galicia para solicitar o apoio da Policía Autonómica nas labores de inspección e control dos protocolos de prevención do COVID en locais e zonas de ocio nocturno. O acordo adoptouno esta mañá a Xunta de Goberno Local en base ao estipulado na Orde da Consellería de Sanidade do 30 de xuño na que, a demais de definir os protocolos en materia de ocio nocturno, festas, verbenas e outros eventos populares e atraccións de feiras para facer fronte á crise sanitaria, establece que “os órganos de inspección da Administración autonómica, no ámbito das súas competencias, poderán realizar as actividades de inspección e control oportunas para a vixilancia e comprobación do cumprimento das medidas de prevención aplicables”.
27.07.2020.- Con esta petición, o Concello busca a colaboración da Policía Autonómica para apoiar as labores de vixilancia e cumprimento dos protocolos que xa está a realizar a Policía Local, pero que precisan de certo reforzo coa previsión de que no mes de agosto aumente a afluencia de persoas ás zonas de ocio nocturno, especialmente durante as datas das festas patronais. Para planificar e coordinar a actuación nas semanas vindeiras, tamén se celebrará unha Xunta Local de Seguridade.

No marco das labores que está a realizar a Policía Local, esta fin de semana cursáronse cinco denuncias a outros tantos establecementos hostaleiros e de ocio nocturno. Tres por terrazas instaladas máis alá do horario permitido e dúas a locais por incumprimento dos horarios de peche. Tamén se denunciou a tres persoas por non levar a máscara.

Dende o Concello insístese unha vez máis na necesidade de que a poboación cumpra coas normas de prevención, tanto no que á distancia de seguridade se refire como á obrigatoriedade de usar a máscara, porque diso depende a seguridade e a saúde de todos e que non sigan producíndose rebrotes como os que estamos a ver a diario. E tamén prégaselles aos hostaleiros e propietarios dos locais nocturnos que respecten os protocolos e horarios e que extremen as medidas de precaución porque de manterse a tendencia das últimas semanas córrese o risco de que sexa necesario aplicar novas restricións á actividade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -