_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
As Festas de San Roque adaptan contidos e formatos para garantir a seguridade fronte ao COVID

Vilagarcía tamén terá este ano as súas festas patronais de San Roque, pero veciños e visitantes terán que vivilas e disfrutalas dun xeito diferente dada a situación que estamos a vivir coa pandemia do coronavirus. Para conservar a tradición dunha celebración tan arraigada no pobo e de tanta tradición, o Concello adaptou contidos e formatos para contar cunhas festas completamente seguras e sen riscos. As liñas principais son evitar as aglomeracións de xente, limitar e controlar aforos, garantir que se cumpren as normas hixiénico sanitarias. Por iso eventos multitudinarios como os grandes concertos, , a ofrenda floral, a subida do santo, a Festa da Auga e a procesión da tarde caen este ano do cartel por motivos de seguridade. Maila isto, organizaranse numerosas actividades e actuacións de pequeno formato, ao aire libre, en espazos acotados, co público sentado, con control de aforo e levando rexistro de asistentes por si fora preciso facer rastreos.
24.07.2020.- As Festas de San Roque 2020 desenvolveranse o 14 ao 23 de agosto. Cun estrito protocolo de seguridade que conleva un importante esforzo económico e organizativo por parten da administración local e seguindo os criterios mencionados, entre os actos que figurarán no programa deste ano atópanse actuacións musicais na Xunqueira, un espectáculo de orquestra na Praza da II República, o Festaclown, o Folk no Alobre e á reconversión do Combate Naval nos espectáculos pirotécnicos aéreos en Vilaxoán, Vilagarcía e Carril entre outros moitos. O programa completo presentarase nos vindeiros días.

Aparte do que é manter a tradición, o goberno local considera que despois dos difíciles tempos vividos co confinamento, os vilagarciáns merecen poder celebrar as súas festas patronais, pero sempre sen perder de vista que seguimos en situación de pandemia, polo que débense extremar as medidas de precaución non so nos actos a organizar, senón de forma particular por cada un de nós e en todo momento.

Efecto dinamizador dos sectores produtivos

Outros aspectos que se tivo en conta para redefinir o concepto das festas foron apoiar ao sector cultural local e galego, para que poidan continuar traballando neste complicado panorama e despois de tanto tempo de inactividade obrigada, así como para servir de elemento dinamizador da economía local, principalmente comercio e hostalería, aínda que tamén doutros sectores ou actividades que ven incrementada a súa actividade aproveitando a maior afluenza de persoas nas rúas atraídas polas actividades festivas. De feito, e sempre seguindo o lema da campaña “Son da Casa!”, aínda que xa sempre se contaba cos creadores e artistas locais no programa das festas de San Roque, nesta ocasión aínda estarán máis presentes se cabe. Trátase de colaborar, na medida do posible, na recuperación da economía local tras os danos e as perdas causadas polo prolongado paro da actividade durante o Estado de Alarma.

Como xa se dixo, todos os actos do programa celebraranse ao aire libre, es espazos acotados, con aforos reducidos, co público sentado e gardando as distancias de seguridade. Haberá acomodadores e organizarase a entrada e saída deforma ordenada. Aínda que todo será de balde, para asistir será necesario reservar praza polo sistema que se dará a coñecer na presentación do programa e terán que darse os datos persoais para levar un rexistro que permita, en caso de ser necesario, facilitar as labores de rastreo por parte das autoridades sanitarias. En todos os actos disporase de xel hidroalcohólico e serán de obrigado cumprimento o uso de máscara e as demais normas que diten as autoridades superiores.

O Concello fixo un importante esforzo organizativo, loxístico e económico para que os vilagarciáns poidan disfrutar tamén deste ano das súas festas patronais de forma completamente segura, tanto para o público como para os propios artistas e técnicos que participan nos actos. Aínda así, en Ravella son conscientes de que o desenvolvemento do programa festivo depende da evolución da pandemia, situación que preocupa polos rebrotes que se están producindo a nivel estatal e autonómico e as cifras de infectados en aumento que fan pensar na posibilidade de que Xunta ou Estado poidan chegar a impoñer normas máis restritivas. Por esa razón volve a facerse un chamamento á poboación para que non se relaxen na prevención, para que cumpran con todas as medidas de seguridade en todo momento e para que eviten calquera situación de risco.

O goberno confía en que, pese a situación anormal que estamos a vivir, os vilagarciáns poidan gozar igualmente destas festas de San Roque, esperando en que sigamos actuando correctamente para poder volver a “antiga normalidade” o antes posible, de xeito e que en 2021 poidamos recuperar o formato tradicional das nosas festas e vivir compartir de novo os grandes eventos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -