_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
XUVENTUDE
Xuventude modifica as normas e horarios de uso para a reapertura dos locais de ensaio

A Concellería de Xuventude xa elaborou o protocolo de seguridade fronte ao Covid que se deberá seguir para utilizar os locais de ensaio situados nos baixos do Auditorio. Para garantir a seguridade, controlar os aforos e reducir riscos de contaxios, so sé poderá utilizar un local por día e por parte dun único usuario, ben sexa individual ou colectivo (díos, grupos…). No caso de grupos, o aforo máximo permitido na sala grande será de 4 membros (excepcionalmente 5 si o grupo chega a este número de membros) e os locais pequenos serán exclusivamente de uso individual. A intención do departamento que dirixe Alba Briones é reabrir as instalacións a vindeira semana, tan pronto como se teña elaborado o novo calendario en base aos criterios fixados, e como moi tarde, o 3 de agosto.
23.07.2020.- O Concello desinfectará os locais cada día e instalará dosificadores de hidroxel nas instalacións. Tamén se colocarán carteis coas normas a cumprir polos usuarios, que deberán usar máscara, desinfectar as mans e gardar as distancias cando estean ensaiando.

Nas condicións sinaladas, os locais poderán utilizarse de luns a venres e en horario de mañá (de 9 a 14 horas). En caso de non poder acomodar toda a demanda, abriríanse tamén o sábado pola mañá.
Os interesados deberán dirixirse canto antes á Concellería de Cultura para indicar o día que pretender facer uso do local de ensaio, a efectos de que se poida confeccionar o novo calendario. Deben facelo por correo electrónico enviado ao enderezo omix@vilagarcia.gal

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -