CONCELLO
Un proxecto gastro-vitivinícola con perspectiva de xénero gaña o Concurso de Iniciativas Emprendedoras O Concurso de Iniciativas Emprendedoras do Concello de Vilagarcía xa ten gañadores. O primeiro premio recaeu en "Anónimas Wines", un proxecto gastro-vitivinícola con perspectiva de xénero que recibirá 8.000 euros para a posta en marcha da súa idea empresarial. A proposta de balizamento ecolóxico "Basemar" obtivo o segundo posto, cun premio dotado con 5.000 euros, mentres que o terceiro foi para "Orixe" unha iniciativa relacionada coa saúde e o benestar. O fallo do xurado fíxose público onte tras o acto de presentación pública dos seis proxectos finalistas quen tivo lugar no Auditorio e que concluíu coa entrega dos premios.
18.07.2020.- A Concellería de Promoción Económica e Emprego convocou este concurso co obxectivo de promover a creación e posta en marcha de novas iniciativas emprendedoras que contribúan ao desenvolvemento social e económico do municipio á vez que á modernización de sectores tradicionais, teñan efecto tractor noutras empresas da zona e dean resposta aos novos retos medioambientais e climáticos que se plantean a nivel xeral. Tamén se valora o potencial de creación de postos de traballo e o impacto económico que os proxectos poden ter no seu ámbito de influenza. Estes foron os principais criterios valorados polo xurado á hora de elixir os proxectos premiados, así como a claridade e posta en escena da presentación ao público das respectivas propostas. Nesta edición concursaron 14 proxectos, dos que 6 chegaron á fase final.
Anónimas Wines
É un proxecto integrado por dúas mulleres do mundo do viño no que se contemplan dúas fases: Viños elaborados e produción de conservas gourmet e Vermut. A idea é recuperar e manter viñedos antigos, para ser traballados mediante o arrendamento de estas parcelas, nos que poder establecer colaboracións con outras mulleres que desenvolvan a súa actividade profesional dentro do mundo dos viños tales como enólogas, viticultoras, bodegueiras, sumilleres. A actividade está orientada ó público distribuído a nivel local nos concellos pertencentes á comarca del Salnés.
BASEMAR
O proxecto consiste na fabricación e instalación de balizas para parques de cultivo de marisco, zonas de praia, parques naturais; en xeral lugares onde sexa necesario sinalizar, con pouca profundidade e onde o impacto ecolóxico, a seguridade persoal e náutica sexan cuestións a ter en conta. Inclúe a fabricación, instalación e mantemento do sistema de balizamento, así como a posibilidade de instalar outro tipo de sistemas ou sondas multiparámetro para a medición non presencial de nutrintes, da calidade da auga, salinidade, etc.
ORIXE Adestramento para a vida
A iniciativa pretende contribuír a posicionar a Vilagarcía como cidade punteira no ámbito deportivo e de saúde de Galicia. Aplica a filosofía de vida saudable a nivel físico, fisiolóxico e emocional orientada tanto á prestación de servizos para a poboación local como para os turistas, a través da colaboración cos axentes do sector.
Ademais dos premios en metálico xa mencionados para os tres primeiros clasificados, os seis finalistas recibiron previamente un módulo de formación práctica e moi útil para a posta en marcha dos seus