_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello pon a andar a Mesa de Reactivación Económica e Social coa participación de todos os axentes implicados

Saír o máis rápido posible e máis fortalecidos da crise económica xerada polo paro da actividade e as posteriores repercusións da pandemia do COVID é o obxectivo prioritario do goberno local de Vilagarcía. Para avanzar neste sentido, o Concello crea e crea un novo órgano: a Mesa de Reactivación Económica e Social, na que os distintos axentes implicados no tecido socioeconómico do municipio debaterán e elaborarán propostas encamiñadas a dinamizar e recuperar o pulso da actividade produtiva do municipio de forma coordinada e aproveitando sinerxias. A reunión constitutiva da Mesa celebrarase o mércores, 22 de xullo, a partir das 9 da mañá, no Salón de Plenos do Concello.
18.07.2020.- A Concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe Alba Briones é a que promove a creación da Mesa de Reactivación, un órgano que se establece coma instrumento de coordinación das políticas do Concello de Vilagarcía de Arousa para a recuperación social e económica da cidade. Ademais desta área, formarán parte dela outros departamentos municipais, como as concellerías de Turismo e Cultura, así como outros axentes públicos e privados. A esta primeira reunión convocouse aos representantes dos distintos grupos da Corporación municipal, aos xentes sociais, asociacións de comerciantes e hostaleiros, Federación de Empresarios, AJE, representantes do sector da gran empresa. Todos eles, así como os que poidan irse reincorporando no futuro, poderán participar de forma activa tanto directamente, na Mesa, ou a través dos grupos de concertación social que se poñan en marcha.

Entre os obxectivos da Mesa de Reactivación están:
- Servir de órgano de participación dos axentes relevantes do territorio.
- Observar a evolución da situación actual e identificar as necesidades no territorio
- Deseñar liñas de actuación adaptadas ás necesidades do territorio, promovendo a acción dos diferentes axentes.
- Consensuar as accións que se levarán a cabo mediante o diálogo dos diferentes axentes.
- Facer un seguimento das actuacións.
Para acadar estas metas en todos os eidos posibles do tecido socioeconómico, a Mesa traballará en base a seis eixos de actuación: Seguridade e saúde pública, Apoio fiscal e subvencións, Hostalería e comercio, Turismo e industria cultural e creativa, Promoción económica e Mercados.

As propostas e iniciativas que se acorden para a reactivación económica local terán visibilidade baixo a marca SON DA CASA!, a campaña promovida pola consellería de Promoción Económica, que engloba as medidas destinadas a protexer e dinamizar o tecido económico e social do Concello de Vilagarcía de Arousa como por exemoplo a campaña de bonos-compra que xa está en marcha.
https://sondacasa.vilagarcia.gal /
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -