_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello licita a reforma interior do centro socio cultural e deportivo de Vilaxoán

A esperada reforma interior do centro socio cultural e deportivo de Vilaxoán entra na recta final. O Concello de Vilagarcía acaba de sacar a licitación as obras coas que se pretende adaptar ás instalacións do Preguntoiro ás necesidades actuais dos colectivos que fan uso delas, mellorando a accesibilidade do salón de acto e redistribuíndo os espazos para habilitar novas dependencias de uso veciñal e poder ampliar a zona destinada ao Club de Remo. Os traballos inclúen o arranxo da cuberta e requiren dun investimento de 90.138 euros que o Concello financia integramente con fondos propios procedente da partida destinada ao plan de mellora das casas de cultura.
16.07.2020.- As empresas interesadas en facerse con este contrato dispoñen de prazo ata o 4 de agosto para presentar as súas propostas. A obra licítase por 90.138 euros (impostos incluídos) e ten un prazo de execución de 5 meses.

O proxecto promovido polo Concello e redactado polo Arquitecto Municipal deseñouse en base ás necesidades trasladadas polos usuarios do centro: asociación de veciños e club de remo. As obras previstas afectan unicamente ao interior do mesmo e non supoñen maior ocupación do espazo concedido nin ampliación do volume edificado.

Para dar resposta as necesidades actuais de carácter cultural, as obras consistirán en garantir a accesibilidade ao escenario do salón de actos construíndo unha rampla dende o vestíbulo. Tamén se habilitarán dúas novas dependencias, que se gañan a costa do espazo dedicado actualmente á cafetería e que estaba sobredimensionada e que se trasladará de emprazamento dentro do edificio. Isto permitirá construír un pequeno camerino con acceso adaptado.

Para mellorar os servizos das entidades sociais e veciñais, a redistribución interior a costa do bar tamén permitirá habilitar unha un despacho e unha sala de reunións.

De xeito complementario a estas actuacións, desmontarase a cafetería que se trasladará a un espazo máis reducido na fachada principal do edificio.

As adaptación que se levarán a cabo para atender ás necesidades do club de remo empezan coa ampliación do forxado do primeiro andar para destinar o novo espazo á zona de ximnasio. Os tabiques dos actuais despachos da planta baixa demoleranse co que se gañará superficie para o almacenamento de embarcacións e a actual zona administrativa situada no baixo, reubicaranse nun local do primeiro andar.

As obras completaranse coa reforma da instalación eléctrica e colocación de elementos de iluminación nas zonas que se amplíen ou reformen.

Os traballos aproveitaranse para realizar unha revisión xeral da cuberta do edificio e para labores de mantemento da mesma para arranxar filtracións, limpeza e selado de xuntas, emboquillados e canelóns.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -