_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Amplíase ata o mércores o prazo de inscrición nos campamentos urbanos de verán para rapazada de 5 a 8 anos

A Concellería de Xuventude amplía ata o mércores, 15 de xullo o prazo de inscrición no Campamento Urbano de Verán para nenos e nenas de 5 a 8 anos de idade que se celebrará durante o mes de agosto. O Concello ofertaba 49 prazas para o mes completo de actividade, pero habendo familias inscritas que so necesitan conciliar durante períodos de 15 días, permítese o acceso de máis cativos para cubrir as prazas non utilizadas no resto do período. As actividades son de carácter gratuíto para familias cuxos proxenitores se atopen en situación laboral activa o en ERTE, dada a finalidade conciliadora dos campamentos.
13.07.2020.- Como xa se dixo, os campamentos seguirán un estrito protocolo de seguridade en relación ás normas de protección do coronavirus, como repartirse en catro sedes (A Lomba, Arealonga, Piñeriño e Filipense), traballar con grupos moi reducidos (de entre 5 e 7 nenos), e desenvolver as actividades en espazos ao aire libre sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan e, de non ser o caso, en zonas espaciosas e ben aireadas. Ademais, haberá un coordinador do protocolo COVID ara facer seguimento e controlar que se cumpran todas as normas.

As bases de participación xunto cos formularios de inscrición están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal e na sede.vilagarcia.gal

Listas de admitidos nas actividades para maiores
Por outro lado, xa se publicaron as listas de admitidos nos Campamentos Urbanos de Verán para a rapazada de maior idade. A inscrición acada os 33 participantes que se repartirán nas cos campamentos Multiaventura e Medioambiental, cada un dos cales terá un grupo de 8 a 11 anos e outro de 12 a 16. A primeira das actividades comeza a impartirse o 27 de xullo. As listas pódense consultar no taboleiro de anuncios de http://www.vilagarcia.gal
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -