_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
SERVIZOS SOCIAIS
A Rúa Castiñeiro córtase ao tráfico dende o luns polo inicio das obras de mellora da mobilidade na contorna de Fexdega

O Concello de Vilagarcía inicia o luns a obra de Mellora Integral da Mobilidade e a Seguridade Viaria das rúas da contorna de Fexdega. Os traballos, que afectan ás rúas Castiñeiro, Nogueira e Limoeiro, desenvolveranse por fases, comezando pola Rúa Castiñeiro que a partir do luns e durante unhas semanas quedará cortada ao tráfico rodado no tramo comprendido entre a avenida Rodrigo de Mendoza (á altura da casa abandonada e da Finca Douro) e a confluenza coas rúas Nogueira e Figueira. A comunicación co resto da mazá poderase realizar dende a Laxe e Rúa Moreira. Os traballos inclúen a renovacións das redes de servizos, ensanche e construción de beirarrúas onde non as haxa, obras de mellora da accesibilidade e de seguridade viaria. Para advertir aos condutores con antelación suficiente, a Policía instalará sinalización nas vías que comunican coa rúa en obras advertindo do peche.
11.07.2020.- O proxecto executarase por fases para garantir o acceso dos veciños ás distintas rúas que se verán afectadas. Polo que, rematados os traballos no tramo indicado da rúa Castiñeiro, iniciarase unha segunda fase que afectará ao tramo contiguo da rúa Nogueira ata o cruce con Limoeiro. Finalizada esta fase comezaría a última, á da Rúa Limoeiro que desemboca na avenida Agustín Romero. Cada fase durará varias semanas debido á complexidade da obra, que non se limita a actuar na superficie, se non que se aproveita para renovar todas as canalizacións dos servizos municipais: auga potable, saneamento e pluviais, traballos que levan o seu tempo.

O Concello de Vilagarcía proxectou esta actuación no marco das políticas de mellora da mobilidade e accesibilidade que se están levando a cabo en diversas zonas do municipio. A empresa Marconsa será a que execute a obra adxudicada por importe de 265.833 euros que o Concello financiará cunha achega municipal e cos fondos do programa DepoRempese da Deputación Provincial de Pontevedra. O prazo de execución de toda a obra é de 6 meses.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -