_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello propón converter o centro do Piñeiriño nunha gran zona verde e lugar de encontro para a veciñanza

Converter o centro do Piñeiriño nunha gran zona verde para o esparexemento e goce dos peóns é a idea que o Concello de Vilagarcía propón para a humanización da parte central da Rúa Camilo José Cela. O deseño pensado para este populoso barrio devolve a rúa á escala humana e énchea de vexetación exótica a distintos niveis, ademais de vestila dunha atractiva e orixinal pavimentación a base de mosaicos. A proposta completaríase con iluminación ornamental e mobiliario urbano. Con esta actuación, o que xa é o centro xeográfico do barrio transformaríase tamén no corazón e nos pulmóns que inxectarían vida e dinamizarían ao Piñeiriño en toda a súa extensión. A zona humanizada converteríase nunha praza central ou lugar de encontro atractivo e acondicionado para devolver a vida ás rúas.
10.07.2020.- Antes de definir a proposta, o Concello estableceu unha serie de premisas ás que se debería axustar o deseño encargado ao arquitecto Mariano Vázquez, autor tamén do proxecto de Humanización da Praza de Galicia. Deixando da man do autor as características estéticas e construtivas, o deseño tiña que adaptar o espazo á escala humana e desterrar o coche co obxectivo de devolverlle a esencia de barrio. Fomentando as zonas de estar e de circulación peonil, este novo espazo favorecerá as relacións sociais de veciñanza.

O deseño tamén tiña que adaptarse aos escenarios de modificación do tráfico rodado no resto do barrio e permitir o acceso puntual de vehículos á zona obxecto desta actuación (para tarefas como carga e descarga, acceso a garaxes, vehículos de emerxencia…).

E por último, a proposta debía actualizar e contemporaneizar a imaxe da rúa -ancorada nos canons dos anos 70-80 cando as rúas se formulaban para dar servizo aos coches, colmatadas de edificios, con beirarrúas moi estreitas e sen zonas verdes-, introducir amplas zonas verdes e proxectar unha iluminación eficiente enerxeticamente e que realce a estética da zona.

Respectando estes criterios de partida, o deseño de Vázquez propón humanizar o tramo de Camiño José Cela en termos de completa accesibilidade para os peóns. O pavimento realizaríase con formigón de diferentes grosores, en función de si se trata dunha zona exclusiva de peóns ou si ten que soportar paso de vehículos, e con tratamentos diferenciados (texturas, cores e formas) que permitan combinarse para crear os mosaicos xogando coa repetición de formas xeométricas e motivos florais.

A vexetación configuraríase a tres niveis (baixo mediante o uso de plantas, a medio nivel con arbustos en un plano máis elevado, co árbores). Estas zonas verdes confinaríanse en parterres e xardineiras que permitan un minimizar as labores de mantemento e contarán con sistema de rego.

Plantas aromáticas, de froito e especies exóticas

Ademais da profusión de vexetación, esta especie de verxel xogaría co sentido da vista, introducindo especies que aportan gran variedade de colorido, e co do olfato, con plantas aromáticas e de froito. Así, o nivel máis baixo de vexetación, o que iría case ao ras do chan, comporíase de plantas como a cola de cabalo, citronella, lavanda, gardenia, arándano e grosellas vermellas, Crasuláceas e Suculetas de diversas variedades.

O nivel medio contaría con arbustos e plantas arbustivas como bambú, areca, aves do paraíso, palmito e pementos de tasmania, mentres que o nivel superior completaríase con árbores de certo porte como arces xaponeses, Delonix Regia, Strelitzianicolai e un tipo de palmeira denominado Yucca Elephantipes.

A proposta completaríase cunha iluminación humanizada, a base de sistemas de led empotrados no chan que formarían sendas de luz e resaltarían a arquitectura, as contornas naturais e as árbores; todo isto utilizando cores cálidos e que aporten un elevado confort visual.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -