_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello, ambulantes e praceiros asinan o acordo para a reordenación do mercado

O Salón Nobre do consistorio acolleu esta tarde o acto co que o goberno local, colectivo de ambulantes e asociación de comerciantes da Praza de Abastos selaron o pacto para a reordenación do mercado. A solución finalmente elixida por todos correspóndese coa proposta inicial realizada polo Concello e levarase a cabo no mes de outubro, ao ter aceptado o goberno a moratoria solicitada polos ambulantes. Segundo se plasma no acordo asinado polas tres partes, a partir do 3 de outubro a Rúa Alexandre Bóveda quedará unicamente cunha liña de postos de venta situada en paralelo e encarada coa Praza de Abastos. Deste xeito conséguese que a rúa Alexandre Bóveda permaneza aberta ao tráfico de forma permanente en ambas direccións e incluso os días de mercado.
09.07.2020.- Tal como xa estaba previsto, o Concello acometerá obras en Alexandre Bóveda para garantir a seguridade viaria e a protección de ambulantes e clientes, e os postos que se eliminan desta vía reubicaranse en parte de Arcebispo Lago e a súa Praza, no primeiro tramo de Vista Alegre, en García de Caamaño, da Praza Doutor Carús, Avenida da Mariña e na parte máis ancha da Rúa O Castro (non na Praza que queda libre ao igual que as calexas que a rodean). Para a reubicación respectarase a orde de antigüidade das concesións dos ambulantes a trasladar e terán prioridade aqueles que acudan todos os días ao mercado de Vilagarcía, fronte aos que o fan de forma ocasional.

Como parte do acordo, o Concello cortará ao tráfico a primeira e a última hora do mercado o carril de Alexcandre Bóveda que discorre paralelo á liña de postos de venta para facilitar aos ambulantes as labores de montaxe e recollida.

Tal como viña defendendo o goberno local dende o principio, esta primeira proposta era a máis vantaxosa e beneficiosa para todas as partes e para a cidadanía de Vilagarcía en xeral. Para praceiros e ambulantes, porque pese ao traslado dalgúns postos, mantense a vinculación entre o mercado e a Praza; e porque se logra garantir a fluidez do tráfico de entrada e saída ao centro.

O documento, que se encabeza co compromiso das partes de promover o mercado de Vilagarcía, apostando por seu crecemento sostible como motor dinamizador da actividade económica de Vilagarcía de Arousa, inclúe outros puntos como que Concello, praceiros e ambulantes colaborarán na realización de campañas de promoción da Praza e do mercado.


O acordo foi asinado pola concelleira de Promoción Económica, Alba Briones en nome do Concello; por María de los Ángeles Ruibal Crespo e Leonardo José Silva Bernández, en representación do colectivo de vendedores ambulantes e por Juan Carlos López Ferro como presidente da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos.

Consulta aquí o acordo:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -