_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os ambulantes aceptan a proposta inicial do Concello a cambio dunha moratoria ata outubro

A reorganización do mercado ten un principio de acordo, segundo o resultado xuntanza celebrada esta tarde entre o goberno local e os representantes dos ambulantes. Tras escoitar os argumentos que fan inviable a alternativa presentada polo colectivo na anterior xuntanza -a de levar o mercado polas rúas peonís do centro-, os ambulantes aceptaron a proposta inicial do Concello: a de limitar os postos ambulantes de Alexandre Bóveda a unha única liña en paralelo á Praza de Abastos para permitir que o tráfico rodado siga circulando de forma permanente por esta vía. A cambio, o Concello comprometeríase a ampliar as obras que melloren a seguridade e a concederlles unha moratoria ata outubro para executar o traslado. As contraprestacións solicitadas serán estudadas polo conxunto do goberno e coa opinión dos técnicos, para dar unha resposta definitiva canto antes.
08.07.2020.- A proposta dos ambulantes de levar o mercado polas rúas peonís de Castelao, Praza de Galicia e Rey Daviña comprobouse inviable por motivos de mobilidade e por prexudicar os intereses de terceiros. Nos informes requiridos para avaliar esta alternativa sinálase que nestas rúas existen varias entradas a garaxes de bloques de vivendas que teñen que ter garantida a entrada e saída e cuxo tráfico non sería posible -a maiores de perigoso- cos postos de venta e a xente de por medio. Igualmente, a actividade interferiría nos numerosos portais de vivendas que quedarían illados no caso, por exemplo, de precisar da asistencia de vehículos de emerxencia. Ademais, nestas rúas peonís existen unha decena de establecementos hostaleiros que contan con autorizacións previas para a instalación de terrazas, dereito que se vería imposibilitado os martes e sábados pola mañá e ata ben entrada a tarde, cando rematan as labores de limpeza despois do mercadillo.

Entendidas estas razóns, os ambulantes tamén descartaron a opción de desprazar de forma permanente todo o mercado cara o parque da Xunqueira, decantándose, polo tanto, pola primeira proposta realizada dende Concello: manter unha única liña de postos en Alexandre Bóveda, encarados coa fachada da Praza de Abastos. O resto dos postos que actualmente se sitúan nesta rúa repartiríanse pola zona de Arcebispo Lago e parte da súa praciña.

A alternativa máis beneficiosa para todos os afectados

Como dende o primeiro momento defendeu o Concello, esta é a alternativa máis beneficiosa para todos posto que, por un lado, garántese a fluidez do tráfico ao permitir a circulación de forma permanente por Alexandre Bóveda en dobre sentido, co beneficio que isto supón para o conxunto da cidadanía de Vilagarcía. E por outro, mantense completamente ligado o mercado á Praza: por diante con esta liña de ambulantes en paralelo e encarados co edificio de Abastos e, por detrás, con toda a zona peonil do río ocupada xunto co aparcamento da Praza da Verdura. Ademais, con esta opción libérase igualmente o casco antigo do Castro, cuxos postos xa están reubicados pola subida a Vista Alegre e no lateral da Praza, e mantéñense os da Avenida da Mariña (fronte á Praza da Peixería).

Como xa se comentara no anterior encontro, o Concello realizaría unha obra de ensanche de beirarrúas e aumentará as medidas de seguridade xa previstas en Alexandre Bóveda tanto para os ambulantes como para as persoas que acudan á Praza e ao mercado. Para elo, ademais da mencionada actuación nas beirarrúas, tamén se ensancharían e elevarían os pasos de peóns e, aínda que a vía xa ten a velocidade reducida a 30 q/h, instalaríanse sistemas de calmado do tráfico, a maiores de estudar outras posibles medidas para separar fisicamente o espazo dos ambulantes da zona da calzada. Como tamén se lles ofrecera a semana pasada, permitiríaselles pechar un carril a primeira e a última hora do mercado para facilitarlles as tarefas de montaxe e retirada dos postos.

O ambulantes argumentaron a necesidade dunha moratoria en que o verán é unha época forte de ventas, máis necesaria que nunca tras o prolongado paro que sufriron como consecuencia da pandemia. Por iso piden que o traslado non se execute ata o mes de outubro, manténdose ata ese momento o mercado en todo Alexandre Bóveda. Tendo en conta estas circunstancias, o executivo estudará a medida en conxunto cos técnicos municipais antes de dar unha resposta definitiva.

En espera desta decisión, en caso de chegar a acordo e en vista da tensión xerada polas distintas versións trasladadas á cidadanía dende diversos ámbitos, en caso de aprobarse as medidas, o acordo cos compromisos adquiridos por cada parte plasmarase por escrito nun acordo a firmar por cada unha delas.

O goberno local contactou co presidente da Asociación de praceiros ao remate da reunión cos ambulantes para comunicarlle o acordo acadado e para convocar aos representantes do colectivo a un encontro para explicarlle ao detalle os termos do mesmo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -