_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
As ANPAS xa poden solicitar as subvencións municipais para o Plan Madruga

Vilagarcía de Arousa, 6 de xullo de 2020.- A Xunta Local de Goberno aprobou as bases que rexerán a convocatoria das axudas ao Plan Madruga correspondentes ao ano 2020. A Concellería de Educación subvenciona os programas organizados polas ANPAS dos centros educativos coa finalidade de favorecer a conciliación das familias. As axudas ascenden a un máximo de 100 euros por mes completo de actividade e non se esixe un número mínimo de participantes no servizo. O prazo para solicitar as subvencións para o período comprendido entre xaneiro e o 15 de marzo (momento no que se decretou io Estado de Alarma e parou toda actividade escola) está aberto ata o 16 de xullo. Posteriormente abrirase un novo prazo para realizar o trámite correspondente as Plans Madruga de setembro a novembro.
06. 07.2020.- A Concellería de Educación xa remitiu a todas as ANPAS do municipio a información e os formularios para tramitar as solicitudes. As especiais circunstancias deste ano, ao ter rematado a actividade a mediados de marzo, permite que as ANPAS poidan facer no mesmo trámite de solicitude a xustificación das actividades realizadas, co que se axilizará a aprobación e cobro das axudas. Dado que a convocatoria destas axudas ten carácter anual como os orzamentos municipais – e polo tanto non coincide co curso lectivo-, abrirase un segundo prazo de solicitude, do 15 de setembro ao 30 de decembro, coa novidade de este ano so se incluirán neste período os plans realizados de setembro a novembro para que se poidan xustificar antes de que remate o ano contable. O prazo de solicitude será do 15 de setembro ao 15 de decembro. O mes de decembro incluirase na convocatoria do ano 2021.

As axudas están dirixidas aos centros do municipio de Educación Infantil e Primaria sostidos con fondos públicos e para os obradoiros de mañá que estean atendidos por persoal especializado nos que os nenos realicen actividades lúdico educativas como pintura, lectura, xogos tradicional ou reciclaxe entre outras.

O Plan Madruga é unha medida de conciliación da vida familiar e laboral que normalmente prestan as ANPAS dos centros educativos. O goberno socialista recuperou hai tres anos as axudas para financiar estes plans por considerar que se trata dunha medida de apoio vital para a prestación dun servizo necesario. Grazas e esta iniciativa, as familias cuxos proxenitores entran a traballar antes do inicio da xornada escolar, poden deixar aos seus fillos nos centros educativos ás oito da mañá, atendidos por monitores ata a hora de entrada ás aulas. A convocatoria enmárcase nas políticas sociais que están a marcar a acción do goberno de Varela Paz.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -