_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Vilagarcía aposta por puntos limpos móbiles para evitar que pequenos electrodomésticos e dispositivos electrónicos e acaben na bolsa do lixo

O Concello de Vilagarcía continúa buscando fórmulas que permitan unha mellor e máis eficaz xestión dos residuos sólidos urbanos. Con este obxectivo, a Concellería de Limpeza e Xestión de Residuos pretende poñer en marcha dous puntos limpos móbiles para evitar que dispositivos electrónicos e electrodomésticos de pequeno tamaño acaben na bolsa convencional do lixo, unha práctica inadecuada moi habitual e que resulta moi perigosa para o medio ambiente. O departamento que dirixe Lino Mouriño xa dispón do proxecto para poñer en práctica esta innovadora experiencia que, mediante a itinerancia de dous semirremolques especiais e perfectamente adaptados á función asignada, facilitará aos veciños desprenderse deses residuos sen necesidade de ter que desprazarse ata o Punto Limpo de Pinar do Rei.
04.7.2020.- A xustificación desta iniciativa baséase en que se detectou que a cidadanía estaba usando con moita frecuencia a bolsa do lixo convencional para desfacerse de electrodomésticos e dispositivos electrónicos de pequeo tamaño, precisamente porque, ao ser dun porte reducido, non se molestaban en levalos ata o Punto Limpo de Pinar do Rei, que sí utilizan os veciños para desfacerse de residuos deste tipo de moito maior volume.

A solución proposta para resolver esta problemática é a disposición en todo o municipio de dous puntos limpos móbiles que permitan a recolecta de todos eses pequenos materiais e o súa posterior transporte e almacenamento no punto limpo para a súa entrega aos xestores autorizados.

O proxecto prevé a adquisición de dous semirremolques de aluminio extruído, cuxo interior se divide en 14 fraccións independentes e modulares para o depósito separado de diferentes tipos de residuos. As fraccións, estancas e perfectamente seladas, terán bocas de carga frontal situadas a media altura para maior comodidade dos usuarios. Os remolques de punto limpo desprazaranse cun vehículo tractor eléctrico especialmente adaptado a este uso.

Estes dous puntos limpos móbiles itinerarían mensualmente por un total de 45 puntos concretos do municipio cunha frecuencia mensual que se establece en función da densidade de poboación de cada un deles. Así, en zonas do casco urbano da cidade o servizo prestarase dúas ou tres veces por semana, mentres que no extrarradio será semanal ou quincenal, e nas zonas máis rurais e con menor poboación pasará unha vez ao mes. Independentemente da frecuencia, o punto limpo móbil permanecerá unha xornada enteira en cada lugar, xa que se instalaría pola mañá e se iría a retirar a primeira hora do día seguinte para, despois de baleiralo no Punto Limpo de Piñeiral do Rei, instalalo no seguinte lugar do circuíto.

Ciclo de 12 días no centro urbano

Segundo o estudo realizado no proxecto, este sistema permitirá que un dos puntos limpos móbiles preste servizo 3 días á semana en 34 ubicacións rotativas do centro urbano. Deste xeito, nun ciclo de 12 días calquera veciño volvería a ter dispoñible o punto limpo preto da súa vivenda.

Dende baterías a fluorescentes, pasando pon pinturas e disolventes

Ademais dos xa mencionados pequenos electrodomésticos (secador, prancha, tostadora, radio, cargadores…) e dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles vellos, tablets…) os puntos limpos móbiles permitirán á cidadanía desfacerse doutos residuos cos que normalmente non se sabe moi ben que facer ou polos que non se soen molestar en desprazar ata Piñeiral do Rei, polo que acaban na bolsa convencional do lixo ou que, no caso de produtos líquidos, se desbotan polos desaugues ou inodoros, co risco contaminante que iso conleva. Trátase de residuos como pinturas, baterías, tubos fluorescentes, disolventes, ou envases metálicos e recipientes a presión que sí se poderán depositar nos puntos limpos móbiles.

Solicitado financiamento a través dos FEDER

O proxecto dos Puntos Limpos Móbiles que pretende poñer en marcha o Concello de Vilagarcía ten un custe de 88.239 euros. O Concello presentou á iniciativa á convocatoria de Axudas a entidades locais de Galicia para a actuación en materia de residuos de competencia municipal, que xestiona a Consellería de Medio Ambiente e que cofinancia o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O Concello confía en que a solicitude se resolva favorablemente para poder poñer en marcha este novo e necesario servizo coa maior premura.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -