_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
A campaña “Son da Casa!” colle impulso con 160 establecementos adheridos e 1.700 bonos vendidos

A campaña de bonos-compra subvencionados polo Concello para axudar á recuperación da economía local está sendo todo un éxito, a xulgar polos resultados rexistrados en so dous días dende que se puxo en marcha. A día de onte xa eran 160 os establecementos adheridos á campaña enmarcada no programa “Son da Casa!” e xa se tiñan vendido 1.700 bonos. Máis positivo si cabe é que os bonos xa están en circulación -polo tanto xerando actividade económica-, posto que nestas dúas primeiras xornadas xa se teñen computado 164 transaccións comerciais pagadas cos bonos “Son da Casa!” en locais participantes, e iso que o prazo para usar os bonos remata o 30 de setembro.
04.07.2020.- Para o goberno local, a espectacular acollida que está tendo a campaña de bonos-compra resulta gratificante por varias razóns. Unha, porque a elevada participación tanto de establecementos como de cidadáns, demostra que a idea non só é acertada, senón que tamén necesaria para contribuir a paliar as perdas sufridas polos negocios que tiveron que parar a súa actividade durante o Estado de Alarma. E outra, tamén moi importante, porque a campaña conseguiu o efecto buscado de “unir aos vilagarciáns como membros dunha mesma familia” a que habita nesta “gran casa” que é Vilagarcía, a que debemos defender e pola que debemos loitar todos unidos.

Unha campaña inclusiva e aberta a todo tipo de actividades

Esta unión queda patente na elevada acollida que está a ter por parte dos cidadáns particulares e dos establecementos comerciais e, dentro destes, na cantidade e variedade de sectores representados nunha campaña totalmente inclusiva como o demostra que convivan neles actividades habituais neste tipo de iniciativas como locais de moda, alimentación, droguerías, estética, complementos, xoierías…, a outras moito menos convencionais nestas campañas como ferreterías, produtos do agro, clínicas de veterinaria e de fisioterapia, bares, hoteis, carpinterías ou venta de produtos de madeira por poñer so uns exemplos.

A lista completa dos establecementos adheridos á campaña “Son da Casa!” pódese consultar na web sondacasa.vilagarcia.gal, onde tamén se poden adquirir os lotes de bonos. Pagando 20 euros, o cidadán lévase bonos para realizar compras por importe de 30 euros que opoden realizar en calquera dos 160 establecementos adheridos e que tamén se poderán identificar a través dos distintivos da campaña colocados en portas e escaparates. Cada pack inclúe dous bonos de 10 euros e outros dous de 5 euros, de xeito que se podan pagar con eles compras grandes ou pequenas en calquera tipo de establecemento (ir á perruquería ou tomar un refresco, por exemplo).

A opción de gasto abarca unha infinidade de sectores: alimentación, animais, agro, artesanía, carpintería, clínicas veterinaria, complementos, decoración, interiorismo, deporte, droguería, perfumería, electrodomésticos, ferreterías, estética, fisioterapia, fotografía, floristerías, hostalería, informática, librarías, moblerías, moda, moda infantil, música, instrumentos musicais, ópticas, parafarmacias, viaxes, xogueterías, xoierías, reloxerías e zapaterías.

“Simple anécdota”
Por outra banda, o Concello lamenta que os 8 locais inscritos pola Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos decidan autoexcluírse dunha campaña que pretende unir e colaborar á recuperación do sector comercial no seu sentido máis amplo, ofrecendo unha liña de colaboración sen pedir nada a cambio. A participación é totalmente voluntaria, polo que están no seu dereito a facelo, ademais de que, no seu caso, poden permitirse prescindir desta iniciativa, dado que o sector da alimentación foi dos poucos que seguíu traballando a pleno rendemento durante o Estado de Alarma.

Sen ánimo de entrar en polémica, é preciso aclarar que o colectivo de praceiros si participou na reunión celebrada o xoves entre os representantes municipais e os ambulantes, ao permitirse ao seu presidente asistir á mesma aínda sen estar convocado. Tivo, por tanto, a mesma oportunidade que todos os demais asistentes a expresar as súa opinión e presentar propostas, o que non fixo, a diferencia dos demais participantes que interviron na súa práctica totalidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -