_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
Os vilagarciáns poñen cara á campaña municipal “son da casa!” Para a reactivación da economía local

Un bo número de vilagarciáns será o que lle poña cara á campaña que promove o Concello de Vilagarcía para protexer e dinamizar o tecido socio económico do municipio. Baixo o lema “Eu tamén Son da Casa! Estamos unidos na defensa do noso” persoas representativas de diferentes sectores e actividades produtivas e sociais do municipio participan na campaña publicitaria que quere chamar a atención sobre a necesidade que temos de defender o noso, de protexelo, consumindo e creando na nosa cidade, “na gran casa” na que vivimos todos os vilagarciáns e as vilagarciás.
02.07.2020.- A participación destes veciños materialízase a través das fotografías individuais de cada un deles nun ámbito representativo da actividade que realizan e que irán enmarcadas coa imaxe xenérica da campaña “Son da Casa” deseñada pola Área de Comunicación Social do Concello. As imaxes reproducirase individualmente ou por grupos en cartelería, valas publicitarias, en anuncios e noutro tipo de material promocional, así como a través das redes sociais do Concello de Vilagarcía de Arousa (faceboook e instagram) e da propia web da campaña sondacasa.vilagarcia.gal, na que tamén se poden adquirir os bonos-compra subvencionados polo Concello para utilizar nos establecementos comerciais, de hostalería e outro tipo de negocios da cidade.

A lista de participantes é longa e variada. Nela figuran, por exemplo, Patxi Rodríguez, promotor de negocios de hostalería; Araceli Silva, perruqueira; Ángel García, vendedor de golosinas no “Carrito”; Eugenia Bóveda, do Restaurante Bóveda; José Eiras, directivo do Gato Negro e membro do grupo folclórico Malveiras de Carril; o ciclista Gustavo César Veloso e a futbolista Mari Paz Vilas; o escultor Manolo Chave; Ana Miguéns, deseñadora de artesanía; Rubén Neira, comerciante de moda; Iria Rey, profesora de danza; Carlos Álvaez Puga, da asociación Micolóxica A Cantarela; Juan Carlos Porto, músico; David Seijo, actor; Jorge Expósito, xornalista dos informativos de Radio Arosa; Franco Quintáns, deseñador de moda, Francisco Redondo, empresario madereiro ou Jesús Lorenzo, da conserveira “Os Peperetes”, son só algunhas das persoas que darán rostro á campaña municipal “Son da Casa”.

Por outro lado, os bonos-compra da campaña “Son da Casa” están tendo unha excelente acollida xa que na primeira xornada na que se puxeron á disposición da cidadanía, xa foron adquiridos numerosos packs. Pero o máis sorprendente aínda é que xa neste primeiro día varios dos establecementos adheridos á campaña xa recibiron pagos de compra realizada por clientes con bonos “Son da Casa”.

Como xa se anunciaba onte, pagando 20 euros, os cidadáns poden adquirir o pack de bonos por valor de compra de 30 euros. Os lotes pódense adquirir a través da propia web da campaña sondacasa.vilagarcia.gal. Cada persoa maior de 18 anos poderá adquirir un máximo de dous packs, cada un dos cales inclúe dous bonos por importe de 10 euros e outros dous por importe de 5.

Por outro lado, infórmase de que o punto de asistencia para a compra de bonos habilitado na Casa da Cultura funcionará de luns a venres en horario de 17 a 20 horas e, como xa se comentou onte, so para aquelas persoas que carezan de medios tecnolóxicos ou de coñecementos informáticos para facer a compra eles mesmos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -