_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
A campaña de bonos-compra “Son da Casa!” arranca con 144 establecementos adheridos

A campaña de bonos-compra “Son da Casa!” ideada polo Concello de Vilagarcía para contribuír á recuperación da economía local arranca coa adhesión inicial de 144 establecementos do municipio pertencentes a unha ampla variedade de sectores. Nas vindeiras horas activarase a web sondacasa.vilagarcia.gal, a través da que se poderán adquirir os bonos subvencionados cos que os cidadáns poderán realizar compras en compras nos establecementos participantes. A campaña estase publicitando xa a través das vallas situadas nos principais accesos á cidade, nos autobuses urbanos e, nos vindeiros días en medios de comunicación e nos propios establecementos.
01.07.2020.- Cada persoa maior de 18 anos poderá adquirir un máximo de 2 packs de bonos-compra. Cada pack ten un custe de 20 euros, pero o seu valor de compra será de 30 euros grazas a que o Concello aporta 10 euros. O pack divídese en dous bonos de 10 euros e outros dous de 5 euros co obxectivo de que se poidan facer compras grandes, medianas ou pequenas facilitando así que se usen tanto nunha xoiería como nunha panadería, por poñer un exemplo. Para adquirilos a través da web simplemente haberá que introducir o número do DNI e un enderezo de correo electrónico, e facer o pago con tarxeta bancaria. Os bonos poderán levarse no móbil ou imprimir en papel. Cada bono ten o seu propio código de barras para facilitar a lectura e validación por parte do establecemento no que se fai a compra, quedando anulando no momento de pechar a transacción.

O pago con estes bonos non admite dar cambios en efectivo, polo que en caso de compras cuxo importe non coincida co valor dos bonos, recoméndase facer o pago co bono de valor inferior máis próximo ao gasto a realizar e abonar a diferenza en metálico. Deste xeito, o titular do bono nunca perde.
Conscientes de que non todo o mundo se atopa en disposición de facer uso das tecnoloxías dixitais -ben por falta de medios, como por descoñecemento do seu uso- e para que isto non sexa impedimento para que a cidadanía se poida beneficiar dos bonos-compra subvencionados, o Concello habilitará un punto físico de venta ao que poderán recorrer estas persoas. Instalarase a partir de mañá na Casa da Cultura de Rey Daviña.

ÓPTICA, FISIOTERAPIA, PERRUQUERÍA, MODA, BARES E PRAZA DE ABASTOS, ENTRE OS PARTICIPANTES

A campaña arranca coa emisión de e 3.750 packs de bonos que se poderán adquirir dende xa e ata que se esgoten. O prazo para gastalos nos establecementos adheridos remata o 30 de setembro, polo que as persoas que os adquiran disporán de tempo suficiente para decidir en que os gastan. A oferta e moi ampla xa que entre os establecementos xa inscritos está representada gran variedade de sectores: tendas de moda, de roupa deportiva, zapatería, reloxerías, floristería, bixutería, decoración, librarías-papelerías, ópticas, perruquerías, clínicas de fisioterapia, alimentación, bares, restaurantes, hoteis, ferraxería, electrodomésticos, música, copistería, clínica veterinaria, paxareira e incluso varios postos da Praza de Abastos. O número de locais participantes superará os 144 mencionados, xa que o reconto refírese ás adhesións contabilizadas a día de onte, e aínda seguen chegando.

A lista de todos os locais participantes publicarase tamén na propia web sondacasa.vilagarcia.gal, e irá actualizándose a medida que se vaian rexistrando novas altas. Ademais, a clientela poderá recoñecer os establecementos nos que poderá gastar os bonos grazas a que todos eles estarán debidamente sinalizados con identificadores da campaña nas sáus portas e escaparates.

A Concellería de Promoción Económica puxo en marcha a campaña de bonos-compra no marco do Plan “ Eu tamén Son da Casa!. Estamos unidos na defensa do noso”, unha iniciativa moito máis ampla que engloba todas as medidas que está adoptando o Concello de Vilagarcía para protexer e dinamizar o tecido económico e social do municipio nestes momentos da crise xerada como consecuencia da pandemia do coronavirus. As Axudas Directas á Reactivación Económica – COVID19, foron outra das liñas creadas ao amparo do “Son da Casa”.

INXECCIÓN DE 112.500 EUROS DIRECTA AO TECIDO COMERCIAL

O Concello inviste na campaña dos bonos-compra 37.500 euros (o equivalente a 1 euro por habitante), sendo a repercusión da mesma moito maior, posto que ao circular os bonos xerarase un volume de actividade directa por valor de 112.500 euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -