_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
As invitacións para o Clasclás no Alobre do venres, xa se poden recoller no Auditorio

As invitacións para asisitir ao Clasclas no Alobre, a primeira das actividades da edición especial do clasclas 2020 que terá lugar este venres, 3 de xullo, xa se poden recoller no Auditorio de Vilagarcía, dende as 11 ás 13 horas. Entregaranse só dúas ivitacións por persoa ata completar o aforo do recinto, que dadas as condicións impostas pola actual normativa, queda limitado a 180 prazas.
01.07.2020.- A velada arrincará ás 22 horas cunha pinchada de música clásica a cargo do xornalista musical Carlos Crespo. De seguido dará comezo o concerto a cargo de Cristian Silva (frautas e gaita) e Xosé Piñeiro (guitarra), que interpretarán un repertorio de música antiga. Tralo concerto proseguirá a pinchada de música clásica ata a medianoite.

Entrementres se suceden as actuacións musicais, Xoán Mariño e Erea Hierro encargaranse de contextualizar o evento e o lugar no que ten lugar, un espacio histórico e emblemático como é o Castro Alobre que por vez primeira acolle unha actuación musical.

O público permañecerá obrigatoriamente sentado. Para iso delimitaranse, respectando a distancia de seguridade, unhas zonas circulares que semellan os espazos habitados do antigo castro, nas que se agruparán as cadeiras.
A asociación de hostaleiros de Vilagarcía instalará unha barra no recinto na que se servirán bebidas e cócteles.

O acceso ao recinto será pola entrada da rúa Vista Alegre. Os asistentes deberán obrigatoriamente acceder con máscara e permanecer con ela posta ata o momento no que estean sentados na súas cadeiras.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -