_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O prazo de inscrición de establecementos na campaña de bonos "Son da Casa!" amplíase ata o 1 de xullo

A Concellería de Promoción Económica pretende que o maior número posible de establecementos do municipio se beneficien da campaña de dinamización da economía local que o Concello vai a poñer en marcha nas vindeiras semanas, se xeito que lles axude a recuperarse das perdas sufridas polo paro da actividade durante a crise do COVID. Para tratar de que ninguén se quede fora por falta de tempo, o departamento que dirixe Alba Briones decidiu ampliar ata o 1 de xullo o prazo de inscrición dos establecementos que desexen participar na campaña dos bonos compra subvencionados polo Concello no marco do programa "Son da Casa!".
27.06.2020.- Como xa de sabe, esta campaña consistirá na posta en circulación de bonos compra por valor de 30 euros que os veciños poderán adquirir pagando soamente 20 euros, posto que os 10 restantes os aporta o Concello. Con estes bonos, os cidadáns poderán acudir a facer compras a calquera dos establecementos adheridos á campaña e que estarán debidamente identificados co distintivo oficial da campaña visible en portas e escaparates. Cada pack por valor de 30 euros divídese en catro bonos (dous de 10 euros e outros dous de 5 euros), de xeito que se poidan utilizar xuntos ou por separado, permitindo facer tanto compras grandes como pequenas e facilitando así que tanto se poidan beneficiar da campaña unha tenda de roupa deportiva como unha panadería, por exemplo.


Para que a clientela acuda a comprar cos bonos aos establecementos, estes teñen que adherirse previamente á campaña. Poderá facelo calquera negocio de comercio, hostalaría ou servizos que dispoña de local físico en Vilagarcía e o trámite consiste en cubrir o formulario que poden atopar no taboleiro de anuncios da web municipal vilagarcia.gal ( http://www.vilagarcia.es/fotos/Inscr%20Bonos.pdf.pdf ) e presentar a través da sede electrónica do Concello sede.vilagarcia.gal ou do Rexistro presencial.

A concellería advirte de que os negocios que xa teñan solicitado as axudas á reactivación económica que ofrece o Concello para contribuír a paliar as perdas ocasionadas polos peches durante o Estado de Alarma, e tamén desexen participar na campaña dos bonos.compra non terán que presentar documentación adicional, que xa obra no expediente anterior, polo que bastará con que presenten cuberto o formulario de adhesión.

Unha vez rematado o novo prazo de inscrición, a Concellería publicará a lista de locais participantes na campaña, procederase ao reparto dos identificadores e poranse á venta os bonos. De todas as fases irase informando puntualmente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -