_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
TRÁFICO
O Concello implantará a Zona Residente en diversos barrios para facilitar o aparcamento á veciñanza

Carril e os barrios de Os Duráns e O Piñeiriño son os primeiros espazos no que o Concello de Vilagarcía ten previsto implantar a “Zona Residente”. Este sistema, que funciona en diversas cidades, outorga aos residentes prioridade á hora de estacionar os seus vehículos no barrio no que viven, especialmente en aqueles densamente poboados e nos que escasean as prazas de aparcamento. A implantación da Zona Residente é un compromiso anunciado polos socialistas durante a campaña electoral que o goberno converterá en realidade nos vindeiros meses.
27.06.2020.- A Concellería de Mobilidade promove a medida que se regulará no marco da Ordenanza de Municipal de Tráfico, polo que o seu articulado está sendo deseñado coa Policía Local. A previsión do goberno é aprobar a modificación da Ordenanza no vindeiro Pleno, o correspondente ao mes de xullo. Nas semanas previas á sesión convocarase a Xunta de Voceiros para explicar a proposta e recoller as achegas dos restantes grupos para mellorar, si cabe, o documento.

Nese documento especificarase os requisitos e o sistema para obter a tarxeta de residente, así como as normas de funcionamento da “Zona Residente” e os espazos nos que se aplicará. En principio, e como xa se dixo, se porá en práctica naqueles lugares máis densamente poboados e con carencia de prazas de aparcamento. Os Duráns e O Piñeiriño reúnen as dúas circunstancias, ao ser zonas cunha elevada concentración de bloques de vivendas que, na maioría dos casos, carecen de garaxes, o que obriga aos seus inquilinos a aparcar nas rúas. Carril non está tan densamente poboado debido á tipoloxía das edificacións, maiormente vivendas unifamiliares ou edificios de poucos andares. Maila isto, tamén carecen de garaxes e as estreitas rúas típicas dos casco mariñeiros impiden dispor de prazas para estacionar.

A implantación da zona Zona Residente é unha medida complementaria aos plans de humanización que está a levar a cabo o Concello e que nas zonas elixidas concretáronse coa peonalización da Rúa Cervantes, en Carril, o ensanche de beirarrúas na Rúa Os Duráns, a proba de peonalización na rúa Camilo José Cela e outras actuacións pendentes de acometer como a humanización das rúas Fontecarmoa, Francisco Porto Rey e Álvaro Cunqueiro no Piñeiriño, e segunda fase nos Duráns, que afectará a rúa Aquilino Iglesias-

A terceira das medidas posta en marcha polo Concello nestas zonas para facer compatible as humanizacións coa mobilidade foi a creación de novas bolsas de aparcamento público como a da finca da familia Rey en Carril; os solares da Avenida de Cambados e xunto o pavillón de deportes de Fontecarmoa, na zona do Piñeiriño; e os abertos nos Duráns e Marxión para dar servizo a esta última zona. Aínda que son moitos os veciños destes barrios que fan uso das bolsas, o executivo considera necesario facilitar un pouco máis a vida dos residentes, dándolles máis facilidades para que poidan estacionar o máis cerca posible das súas casas, facéndolles máis doada a vida cotiá. Así, os aparcamentos disuasorios darían maior servizo aos condutores de tránsito e aos non residentes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -