_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Os campamentos de verán municipais ofrecen este ano 145 prazas para facilitar a conciliación das familias

As concellerías de Xuventude e de Benestar Social do Concello de Vilagarcía suman forzas para manter este ano os campamentos de verán infantís e xuvenís. Pese á complexidade que supuxo adaptar as actividades aos protocolos contra o COVID e ao incremento orzamentario que supón, o Concello fixo un enorme esforzo para poder seguir ofrecendo ás familias opcións para que poidan conciliar e coa tranquilidade de saber que as actividades contan con todas as garantías de seguridade para os seus cativos. En total ofértanse 145 prazas nos distintos campamentos que se organizarán para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e os 16 anos.
26.06.2020.- A participación é de balde, cos requisitos de que os proxenitores en situación laboral activa ou de ERTE. O condicionante laboral non se esixirá nas actividades para rapazada de 12 a 16 anos xa pola súa idade, os campamentos son máis unha oferta de ocio e tempo libre que de coidado de menores e conciliación familiar.
Grupos reducidos e coordinador COVID

A máxima prioridade do Concello foi garantir que as actividades se desenvolvan con total seguridade. Para isto, as bases adaptáronse aos protocolos establecidos pola Xunta, sendo en caso aínda máis restritivos, como por exemplo nas ratios de participantes por actividade. Así, os campamentos desenvolveranse con grupos reducidos de nenos e nenas, que oscilarán entre 5, 6 ou 7 participantes como máximo. Os grupos traballarán de forma separada con cadanseu monitor e en espazos ao aire libre. Ademais, créase a figura do coordinador COVID, que é unha persoa encargada de facer seguimento e vixiar polo cumprimento dos protocolos hixiénico sanitarios nos campamentos.

Educando sobre as normas de prevención do COVID

Dende que se veñen organizando, os obxectivos dos campamentos de verán organizados polo Concello de Vilagarcía son facilitar a conciliación das familias e proporcionar unha oferta lúdica e educativa aos cativos que participan neles, baseada no respecto a principios e valores e á promoción de hábitos saudables. Este ano, colle maior presenza a faceta educativa no plano dos hábitos saudables que se centrará en informar e formar aos nenos e nenas nas normas hixiénico sanitarias de protección contra o COVID, de xeito que as coñeza, as asuman en cumpran tanto nos campamentos como fora deles.

Catro propostas para rapazada de 8 a 16 anos

Os primeiros campamentos que se porán en marcha son os destinados aos nenos de 8 a 16 anos, para os que se dispón dun total de 96 prazas a distribuír entre as catro modalidades: o Campamento Naútico, o Multiaventura, o de Baile moderno e o Medioambiental. En todos os casos o prazo de inscrición ábrese o 30 de xuño.

O Campamento Multiaventura está destinado a nenos e nenas de 8 a 11 anos e celebraranse en dúas datas: do 27 ao 31 de xullo e do 17 ao 28 de agosto. O Náutico será para rapazada de 10 a 12 anos e celebrarase do 20 ao 24 de xullo na Praia da Compostela. No de baile moderno haberá dous grupos de idade, de 8 a 11 e de 12 a 16 anos e serán do 20 ao 24 de xullo e do 27 ao 31 de agosto. Por último, os campamentos medioambientais tamén se organizarán en base aos dous grupos de idade antes sinalados e desenvolveranse do 3 ao 14 e do 17 ao 28 de agosto.

Catro sedes para os campamentos dos máis cativos

Os campamentos para os máis cativos, os destinados a nenos e nenas de 5 a 8 anos, desenvolveranse no mes de agosto e contan cunha oferta de 49 prazas. Para facilitar o distanciamento e garantir a máxima seguridade, ademais de facer grupos moi reducidos, este ano en lugar de haber unha única sede, establécense catro. Estarán nos colexios de A Lomba, Arealonga, Piñeriño e Filipense. As concelleiras de Xuventude e de benestar agradeceron ás directivas de todos eles a súa receptividade a colaborar co Concello poñendo a súa disposición as instalación que permitirán desenvolver os campamentos en espazos amplos e contando con grandes zonas ao aire libre.O prazo de inscrición para esta actividade ábrese o 6 de xullo.

Debido ás dificultades engadidas polo pandemia, este ano a ludoteca non disporá de servizo de comedor. Maila isto, a concelleira de Benestar lembrou que dende Servizos Sociais se están concedendo as correspondentes axudas económicas para comedor ás familias que o precisan.

Tanto os formularios de inscrición, como os protocolos de seguridade entregaranse aos proxenitores e estarán pendurados no taboleiro de anuncios da web municipal para calquera tipo de consulta.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -