_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EDUCACIÓN
O Conservatorio abre a matrícula para as probas de acceso a oito especialidades instrumentais do Grao Elemental

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Vilagarcía ven de abrir o prazo de matrícula para as probas de acceso ao Grao Elemental de Música durante o curso académico 2020/21. As prazas dispoñibles ascenden a 13 que se reparten en 8 especialidades instrumentais diferentes. As probas de acceso realizaranse no mes de setembro O trámite de matriculación pode realizarse dende hoxe, 25 de xuño, ata o xoves 2 de xullo.
25.06.2020.- As especialidades que se ofertan son: clarinete, guitarra, saxofón, trompa e trompeta (con 1 praza en cada instrumento), violín (2 prazas), frauta (3) e piano (3).

Os candidatos deberán ter entre oito e catorce anos de idade, cumpridos ou a cumprir en 2020.
Dende o Conservatorio Municipal infórmase de que, a diferenza do grao Profesional, as probas de acceso ao Elemental non avalían coñecementos, senón aptitudes rítmicas, auditivas, vocais e psicomotrices que os/as candidatos deberán amosar a través de sinxelos exercicios.

Para poder realizar esta proba é necesario cumprimentar un impreso de matrícula e achegar a copia do DNI ou folla do libro de familia ao enderezo de correo electrónico conservatorio@vilagarcia.gal
Non se requirirá o pagamento de taxas pola realización da proba de acceso, dada a excepcionalidade da situación actual dada pola pandemia.

Os impresos de matrícula e información precisa sobre as probas están dispoñibles no taboleiro de anuncios do portal municipal http://www.vilagarcia.gal e do enlace https://bit.ly/2AWmqPq
Para realizar a matrícula e para calquera outro tipo de consultas deberán dirixirse ao enderezo electrónico conservatorio@vilagarcia.gal
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -