_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
A contraanálise certifica o bo estado das augas da Praia de Compostela, que manteñen os parámetros de "excelente"

As augas da Praia de Compostela mantéñense a un nivel de "excelente" segundo os resultados das analíticas relativas á mostra tomada o domingo. As autoridades sanitarias dan por concluído o episodio que nos últimos días obrigou a desaconsellar o baño na Praia da Compostela por concentración microbiolóxica por riba do nivel permitido. A contraanálise do domingo certifica o bo estado das augas, con parámetros moi por debaixo do máximo permitido, o que corrobora o anómalo da situación detectada o pasado martes e o que demostra se tratou o dun feito puntual e pasaxeiro. En consecuencia, xa foron retirados pos carteis informando aos usuarios da situación e os bañistas xa poden gozar con total garantía e seguridade dun refrescante baño na praia urbana de Vilagarcía na que este verán ondeará a bandeira azul, segundo confirmaron hoxe mesmo dende a ADEAC.
23.06.2020.- Os resultados desta ultima analítica foron comunicados ao responsable da organización independente que adxudica as Bandeiras Azuis, José Palacios, o que manifestou a súa alegría por esa volta á normalidade "xa que a organización está moi satisfeita coa evolución que tivo este areal nos últimos anos". Palacios confirmou que un episodio puntual non pon en risco o galardón de calidade que concede a Adeac, polo que a bandeira azul ondeará este verán na Compostela como estaba previsto.

A analítica recibida este mediodía foi a correspondente á mostra tomada pola Dirección Xeral de Saúde Pública o domingo, 21 de xuño, para confrontala cos datos obtidos da toma realizada o martes desa mesma semana (cinco días antes) e cuxos datos anómalos se coñeceron o xoves. Pese ao sorprendente resultado, o Concello adoptou de inmediato as pertinentes medidas de precaución desaconsellando o baño na zona. Dada a evolución da calidade das augas da Compostela nos últimos anos, con sucesivas analíticas que constataban unha cualificación de "excelente", xa se sospeitaba que a elevada concentración microbiolóxica fora algo puntual e pasaxeiro que puido ter a súa causa nun verquido dende terra ou dende o mar, ou mesmo dun erro. Maila isto, e por precaución, o Concello esperou a contar con novos datos que certificasen empiricamente que a situación xa tiña revertido. A coincidencia na fin de semana -cos laboratorios pechados-, fixo que os resultados, que normalmente chegan en 48 horas, se demoraran ata o día de hoxe.

Ao mesmo tempo que se desaconsellaba o baño como medida de precaución, e sen rexeitar outras posibles causas, o Concello realizou unha inspección das redes municipais de saneamento e de pluviais por si se tivera producido algún verquido por avaría ou por conexión ilegal, pero non se detectou ningunha anomalía, polo que resulta imposible coñecer a causa desa elevada concentración microbiolóxica do pasado martes. En calquera caso, o Concello continuará realizando os periódicos traballos de mantemento e limpeza das redes e intensificando a vixilancia para previr e evitar situacións que poidan repercutir na calidade das augas das zonas de baño do municipio, na mesma liña na que o actual executivo leva cinco anos traballando con importantes investimentos en mellora e renovación das redes. Tamén se pedirá colaboración doutras autoridades e organismos competentes para colaborar neste obxectivo común.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -