BIBLIOTECAS
A Biblioteca recupera dende o martes a lectura e o estudo en sala con limitación de aforo para manter as distancias A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro recupera parcialmente a normalidade o mares, 23 de xuño, día a partir do cal os usuarios poderán facer uso das salas de lectura e da zona de estudo, así como dos ordenadores. Maila isto, as normas de protección contra o COVID obrigan a adoptar unha serie de medidas se seguridade, como a limitación de aforo para garantir a separación interpersoal ou a imposibilidade de que os usuarios teñan libre acceso aos volumes dos estantes,que poderán consultar previa solicitude ao persoal e tras o cal se someterán a corentena para a súa desinfección. A sala de lectura infantil manterase pechada polo momento. A Biblioteca abrirá en horario matinal, de 9 a 14 horas.
20.06.2020.- En todos os casos, os usuarios deberán respectar as medidas hixéncio-sanitarias e de seguridade no acceso á Biblioteca. Como xa se dixo, a lectura en sala permitirase garantindo a distancia interpersoal e sen libre consulta directa aos fondos por parte dos usuarios. Para o primeiro, xa se retiraron cadeiras, a efectos de garantir a separación entre prazas, o mesmo que na zona de estudo que terá un aforo limitado, igual que ordenadores e medios informáticos.
Os servizos de préstamo e devolución prestaranse sen que o usuario teña acceso directo aos fondos: as obras serán solicitadas polos interesados e proporcionadas polo persoal da Biblioteca. Unha vez devoltos, procederase á descontaminación dos materiais devoltos mediante unha corentena de 14 días.
Medidas de hixiénco-sanitarias
Segundo o protocolo elaborado pola dirección da Biblioteca, nas zonas de acceso será obrigado o uso de máscaras, conforme o disposto no art. 6 do Real Decreto-Lei 21/2020. Así mesmo, nas zonas de acceso ás dependencias e nas zonas de servizo aos usuarios/as, estarán dispoñibles dispensadores de xeles hidroalcohólicos desinfectantes.
Ademais, os lugares de atención ao público disporán de medidas de barreira entre traballadores/as e usuarios/as, tales como mamparas de protección ou marcas no chan para respectar a distancia mínima de seguridade.