_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O mercado ambulante regresará o 27 de xuño coa totalidade dos seus postos e completas garantías de seguridade

Vilagarcía volverá a contar a partir do sábado 27 de xuño co mercado ambulante ao completo e con todas as garantías de seguridade que se deben aplicar para a protección do COVID19. O desexo do goberno local é que o tradicional mercado de martes e sábados volva canto antes á normalidade, pero nunca antes de que todos e cada un dos aspectos que inciden na seguridade das persoas estean perfectamente concretados e planificados. Por iso, dende Ravella laméntase a precipitación da asociación de praceiros (que nada ten que ver so sector ambulante) ao anunciar unha data sen contar coa confirmación do Concello, que é a administración responsable e competente para organizar e autorizar a actividade.
19.06.2020.- Aínda que a estas alturas poida parecer unha obviedade, o executivo lembra que en plena pandemia, unha actividade como o mercado de Vilagarcía, que atrae a multitude de persoas, non pode celebrarse sen unha planificación moi concreta e detallada que permita garantir a seguridade de clientes e comerciantes.

Debido á pandemia do coronavirus, o mercado ten que cumprir unha serie de requisitos que dada a dimensión do de Vilagarcía, un dos maiores da provincia con 230 postos autorizados, require dun estudo pormenorizado no que se teñan en conta aspectos como o número de postos, a dimensión de cada un deles, as distancias de seguridade entre postos e as do paso da clientela. Todos estes factores farán necesario contar con máis espazos para reemprazar os postos de venta e analizar os efectos na circulación rodada e nos estacionamentos. Trátase dunha labor complexa e minuciosa na que traballan dende hai semanas as concelleiras de Mercados e Mobilidade, xunto co responsable do Mercado, a Policía Local e os propios ambulantes.

A reorganización, na que prima o respecto ás normas de seguridade contra o COVID, faise atendendo a criterios como a menor afección posible no tráfico, e a maior comodidade para clientes e comerciantes. Ademais, aproveitarase para reorganizar a actividade dos vendedores por sectores, tratando de reunir nunha mesma zona aos da mesma actividade (alimentación, textil, calzado, outros…).

A reorganización definitiva darase a coñecer tras a última reunión que o Concello manterá cos ambulantes, a mediados da semana que ven. Mentres, tanto mañá sábado 22 de xuño, como o martes seguirte, o mercado continuará limitándose aos produtos perecedeiros (alimentación, flores..)
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -