_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno local compromete o seu apoio para demandar que a Xunta reabra o consultorio de Vilaxoán

O goberno de Vilagarcía mantivo este mediodía un encontro cos representantes da Asociación de Veciños de Vilaxoán no marco das reunións periódicas que o executivo ten con diferentes colectivos do municipio. No encontro, presidido polo alcalde, Alberto Varela, abordáronse as actuacións máis inmediatas que o Concello realizará en Vilaxoán, recolléronse as peticións dos veciños e informouse dos investimentos realizados polo concello na parroquia nos últimos catro anos e cuxo importe alcanza os 2,5 millóns de euros. Recollendo a preocupación da veciñanza polo futuro do consultorio médico, o goberno comprometeuse a demandar ante a Xunta de Galicia a inmediata reapertura das instalacións sanitarias, posto que os veciños temen que os plans da consellería pasen por pechar definitivamente o servizo, o que suporía un grave prexuízo para os usuarios que terían que desprazarse ata Vilagarcía para ser atendidos polo médico.
17.06.2020.- Ademais, do alcalde, por parte do goberno local acudiron á xuntanza a concelleira de Urbanismo, Paola María, o de Obras, Lino Mouriño e o concelleiro por Vilaxoán e delegado en materia de Tráfico e Seguridade, José María González. Tamén estivo o deputado socialista no Parlamento Galego e responsable de Sanidade, Julio Torrado. Por parte da asociación, asistiron o presidente e tres membros da directiva. Atendendo ás normas hixiénico sanitarias, a reunión tivo lugar no exterior do centro socio cultural e deportivo do Preguntoiro gardando as correspondentes distancias de separación interpersoal.

879.346 euros de investimento nos vindeiros seis meses
Precisamente a reforma do centro socio cultural e deportivo foi un dos asuntos que se trataron na reunión. O alcalde informoulle de que é esta é unha das actuacións que o Concello vai a levar a cabo de forma inminente en Vilaxoán, xa que a obra vai a licitarse nos vindeiros días cun orzamento de 90.135 euros. Máis avanzada está o proxecto do paseo marítimo entre Ferrazo e Canelas, obra que se adxudicou hai apenas uns días por 640.640 euros e que suporá un cambio moi positivo na entrada por beiramar a Vilaxoán. A última das obras xa programadas para efectuar este ano é a ampliación da rede de saneamento e ensanche da Rúa O Freixo na que se investirán 148.571 euros. Soamente nestas tres actuacións o Concello investirá nos vindeiros seis meses en Vilaxoán 879.346 euros.

O goberno tamén recolleu as impresións e peticións dos veciños. A primeira e que xa estaba prevista era a recuperación do ritmo habitual das labores de mantemento e limpeza de espazos públicos municipais, traballos que se paralizaron uns meses como consecuencia do confinamento e que se foron reactivando de forma parcial conforme as distintas fases da desescalada. Os veciños entenden que haberá que esperar un pouco para poder poñer ao día todo o traballo atrasado máis as novas obrigas impostas (como a limpeza e desinfección de parques infantís), pero recibiron o compromiso do goberno de axilizar ao máximo as labores que xa se están planificando.

Os veciños tamén se interesaron pola Praia do Preguntoiro. Explicóuselles que a única razón da perda da bandeira azul foi por un leve descenso do nivel da calidade das augas, ao ter dado “boa” en dúas analíticas fronte a sete que deron “excelente”. Así a todo, o executivo insistiu en que esta temporada a praia de Vilaxoán manterá os mesmos servizos: sanitarios, socorristas, limpeza e demais e que se farán todos os esforzos para recuperar o galardón da Adeac.
En canto a implementación de bancos, papeleiras e algún punto de luz en Vázquez leis, o rexedor remitiuse ao anunciado no seu día cando na reunión anterior priorizouse o remate da obra e xa entón se dixera que as melloras do mobiliario se executaría a posteriori con cargo ao aval da obra, trámite que se está cumprimentando.


Varela Paz volveu a insistir ao colectivo no firme compromiso que este goberno ten con VIlaxoán e que se demostra tanto nas actuación proxectadas para os próximos meses, como as que se foron executando dende o ano 2016 como a construción da Escola Infantil, a humanización de Vázquez Leis, a substitución da herba e a reforma da grada do campo de fútbol de Vilaxoán, a reparación da cuberta da praza de abastos, a demolición da estrutura de Saíñas, a renovación da cuberta do pavillón deportivo de Faxilde ou a mellora do campo de fútbol da Pelada ou a renovación dos xogos infantís do Parque Dona Concha entre outros. En total, neste catro anos o investimento realizado polo Concello en Vilaxoán supera alcanza os 2,5 millóns de euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -