_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello inviste 120.000 euros en renovar a climatización e deshumectación da piscina municipal de Fontecarmoa

O Concello de Vilagarcía segue investindo para mellorar as instalacións da piscina municipal co obxecto de garantir a prestación do servizo aos usuarios nos máis altos niveis de calidade. Neste marco, ao longo do verán está previsto renovar a maquinaria de climatización e a deshumectación do edificio, actuación na que se investirán 119.139 euros. A adquisición dos equipos e instalación dos mesmos foi adxudicada na Xunta de Goberno Local de onte á empresa Ken Fri Energy Pack S.L.
16.06.2020.- O Concello aínda tardará unhas semanas en recibir os equipos, posto que, ao ter que adaptase ás necesidades específicas de cada infraestrutura, confenccionánse en fábrica con carácter exclusivo para cada caso concreto. Unha vez cheguen, procederase a súa instalación en Fontecarmoa, o que se calcula que poida ser ao longo do verán.

A actuación permitirá renovar a vella maquinaria da que se dispón actualmente, que data do ano 1993, cando se inaugurou a piscina municipal que, por entón, só, constaba das zonas dos vasos e dos vestiarios, xa que a ampliación que incluíu a zona do SPA e ximnasio efectuouse unha década despois. A substitución dos quipos é moi necesaria xa que a visa útil e garantía dos actuais están esgotadas. A nova maquinaria a incluír, garantirá as condicións idóneas de temperatura e humidade no interior das instalacións da piscina, aportando un maior confort e seguridade sanitaria aos usuarios. Ademais, ao contar coas últimas tecnoloxías, incidirá de forma moi notable no aforro do consumo enerxético e repercutirán nun maior respecto ao medio ambiente, ao contar cunha elevada eficacia enerxética.

A actuación a executar consiste na substitución da maquinaria deshumectadora por unha nova cunha maior capacidade de deshumectación e á que se acoplará un recuperador de calos para o 100% do caudal de aire da deshumectadora. Este equipo está dotado con un xogo de comportas que permiten introducir a cantidade de aire exterior estrictamente necesario. Tamén conta cunha batería de calor para conectar á caldeira a través dos sistema de calefacción existente, de xeito que se garanta a temperatura ambiente mínima no interior das instalacións.

A instalación deste novo conxunto de maquinaria suporá, entre outras avantaxas, conseguir un grao de humidade garantido e constante, independente do ambiente exterior; un aforro enerxético pola redución do caudal de aire exterior que penetra nas instalacións; e un aforro enerxético polo emprego dun recuperador de calor.

A actuación finánciase a través das liña de actuacións tendentes a favorecer as economías baixas en carbono, prevista no programa “Vilagarcía Avanza” que se financia cos fondos FEDER da EDUSI.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -