_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Xunta de Goberno adxudica a Sergonsa Servicios S.L. a obra do paseo marítimo a Vilaxoán por 640.640 euros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilagarcía acordou na reunión desta mañá adxudicar á Sergonsa Servicios S.L. a construción do paseo marítimo a Vilaxoán dende a curva de Ferrazao ata o final da praia de Canelas. 17 empresas competían por facerse co contrato adxudicado por 640.640 euros e que ten un prazo de execución de 7 meses. Con esta actuación materializarase a ansiada rexeneración do tramo litoral comprendido entre a punta de Ferrazo e o remate da praia de Canelas, convertendo o percorrido nun atractivo e moderno paseo marítimo, con zonas de descanso e carril bic, á vez que se manteñen os dous sentidos da circulación rodada.
15.06.2020.- A oferta de Serogonsa foi a máis valorada polos servizos técnicos, posto que,a demais de rebaixar o prezo de licitación en 190.963 euros, inclúe varias melloras no mobiliario urbano (bancos, Varanda, fonte e papeleira) recollidos no proxecto, así como no revestimento de protección do pavimento do carril bici.

O Concello pretende que as obras comecen coa maior brevidade posible tendo en conta que unha vez comunicada a decisión, a empresa dispón dun prazo para presentar a documentación necesaria para a posterior firma do contrato e que tamén haberá que adxudicar a dirección técnica da obra. A previsión é que os traballos comecen polo retranqueo do muro da EDAR e, unha vez finalizada esta parte, continuar a obra pola construción do paseo marítimo e carril bici que irá pola zona de beiramar.

Coa execución desta obra, o goberno que preside Alberto Varela persegue varios obxectivos. O primeiro é dar continuidade ao paseo marítimo e ao carril bici que actualmente remata na punta de Ferrazo, así como recuperar e poñer en valor unha zona privilexiada do litoral municipal. O segundo, mellorar o acceso e entrada a Vilaxoán por beiramar, facilitando que o camiño se poida facer a pé ou en bici a través dun trazado atractivo e seguro. E o terceiro, servir como elemento dinamizador e atractivo turístico para as parroquias de Sobradelo e Sobrán.

O proxecto inicial modificouse para permitir que o tramo da Rúa Víctor Pita polo que discorre o paseo manteña os dous carrís de circulación. Para iso retranquearase todo o posible o muro da EDAR, o que permitirá gañar 1,3 metros de ancho.Con estas dimensións da plataforma viaria, o proxecto prevé crear unha zona de paseo peonil pegada ao mar que terá un ancho de 4,45 metros fronte. En paralelo habilitarase un carril bici de 2,5 metros de ancho, quedando a zona de tráfico rodado con 6 metros de ancho que permitirá dispor de dous carrís de 3 metros cada un.

A zona de paseo dotarase de bancos de aceiro galvanizado de 3 metros de largo, que disporán de asento e respaldo de madeira de pino cuperizado e tratado para resistir á intemperie, e que contarán con iluminación led baixo a bancada. Tamén se intercalarán polo paseo 7 bancos individuais e se instalarán papeleiras e unha fonte de auga potable adaptada ao uso de persoas con mobilidade reducida.

A zona de esparexemento contará con varios elementos vexetais en xardineiras e parterres nos que se plantarán diferentes plantas ornamentais e aromáticas e tamén pequenas árbores de folla perenne que contribúan a aportar zonas de sombra. E o novo muro de peche que se levantará para delimitar a EDAR levará unha pantalla vexetal a base de plantas trepadoras. Todas as zonas verdes contarán con sistema de rego.

A actuación inclúe a instalación de iluminación que, na zona do paseo constará de columnas metálicas de aceiro ao carbono e enbellecedores exteriores de madeira, con 2 brazos opostos situados a 4 e 7 metros de altura, que permitirán iluminar con tecnoloxía led, tanto a zona do carril bici e do paseo peonil no primeiro caso, como a de circulación de vehículos, no segundo. As luminarias actuais da estrada, substituiranse por outras de estética acorde coas do paseo e tamén serán de tenoloxía led.

Renovación das escaleiras da praia e mellora de servizos

O proxecto inclúe a renovación das escaleiras de acceso á praia de Canelas, mellorarase a rede de recollida de augas pluviais e renovaranse 40 metros de canalización da red de abastecemento de auga potable.

O material a utilizar na pavimentación do paseo e do carril bici terá como base o formigón que se tratará con diferentes acabados e texturas para rompera a monotonía e para garantir a completa accesibilidade tanto de persoas con mobilidade reducida como visual. Tamén se renovará o asfaltado dos carrís de circulación.

Cofinanciado cos FEDER

Esta obra finánciase a través dunha partida de 529.600 euros de fondos propios do Concello, procedentes do superávit de 2018, e con 302.004 euros dos fondos europeos da EDUSI correspondentes á liña de “Impulso e mellora de medioambiental de zonas urbanas” do programa “Vilagarcía Avanza”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -