_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
"O Preguntoiro continúa sendo unha praia excelente, segura e con augas dunha calidade que roza o sobresaínte"

"O Preguntoiro non lucirá este ano a Bandeira Azul, pero continúa sendo unha magnífica praia para ser gozada polos bañistas con todas as garantías de calidade, seguridade e confort". A afirmación realizada polo goberno de Vilagarcía prodúcese tras a confirmación da Adeac de que a enseña denegouse debido a un leve descenso da calidade das augas, que pasou dunha de "excelente" a "boa" por tan só dúas analíticas que mereceron esta última cualificación, fronte as sete restantes que mantiveron a de "excelente".
16.06.2020.- Maila tratarse duns resultados moi bos no seu conxunto e que confirman a optimidade das augas de baño do areal vilaxoanés, os severos criterios que segue a Adeac non permiten dispor este ano da Bandeira Azul. Non obstante, e sabendo que as causas da perda non revisten gravidade, o Concello confía en recuperar pronto o galardón, para o cal se farán todos os esforzos que sexa necesario, como se fixo na Praia de Compostela, na que este verán e despois de nove anos, volverá a ondear o pano que certifica a súa calidade medioambiental.

O Concello recibiu onte a resposta do presidente da Adeac, José R. Sánchez Moro , na que confirma que a denegación da bandeira azul do Preguntoiro debeuse a que a media anual da calidade das augas de baño en 2019 dou un resultado de "no excelente".

Como se sebe, aínda que se valoran moitos aspectos (como accesibilidade, servizo de vixilancia e socorrismo, recollida de lixo, aseos e outros servizos…) o principal parámetro que ten en conta a Adeac para avaliar as praias é a calidade das súas augas. Neste caso, no Preguntoiro realizáronse en 2019 un total de nove analíticas en diferentes meses do ano, das que sete deron como resultado "excelente" e dúas, "boa". Estas dúas correspóndense a mostraxes sucesivas, as tomadas o 28 de agosto e o 19 de setembro, o que fai pensar que podería terse producido por un episodio estacional e puntual, xa que a seguinte, a do 23 de setembro xa volveu a rexistrar o nivel de "excelente".

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego García, explicou a perda da bandeira azul co símil das notas de corte de acceso ás universidades. "Para conceder a bandeira azul, a Adeac esixe unha media de sobresaínte no bacharelato, e este curso, o Preguntoiro sacou sete sobresaíntes e dous notables, co que a media quedouse en notable alto. É unha excelente nota, pero non lle permite entrar este ano no selecto club das bandeiras azuis, como si o farán O Campanario e A Compostela, o que hai que tamén hai valorar como se merece".

En calquera caso, García asegurou que como se viña facendo nos anos anteriores na praia da Compostela, o Concello manterá todos os servizos na do Preguntoiro, aínda que ao carecer da bandeira azul non sexa obrigatoria a súa prestación. "Independentemente de non contar co distintivo, o Preguntoiro seguirá sendo unha praia de calidade na que poderán gozar con comodidade e seguridade todos os usuarios". O servizo de vixilancia e socorrismo funcionará este verán igualmente e en breve instalaranse os aseos públicos, a maiores das melloras que se poidan continuar introducindo.

En todo caso, tendo en conta a evolución histórica das analíticas, que avalan a "excelencia" das augas do Preguntoiro de forma continuada nestes anos, todo fai pensar en que a situación neste punto poda reverter pronto para volver a estar en condicións de recuperar o galardón. De feito, a mostraxe realizada o pasado 28 de maio pola Consellería de Sanidade, a primeira deste ano (que serán as que se teñan en conta de cara a concesión das bandeiras da temporada 2021), xa dou un resultado de "excelente".
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -