_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello pon a proba o domingo a peonalización da rúa Camilo José Cela, no marco do plan de humanización do Piñeiriño

O Concello de Vilagarcía pon a proba a partir do vindeiro domingo, 14 de xuño, a peonalización dun tramo da rúa Camilo José Cela, porta de entrada ao barrio do Piñeiriño. A medida, que xa estaba previsto levar a cabo para comprobar o resultado da eliminación do tráfico rodado nesta vía de cara a súa futura humanización, resulta máis oportuna si cabe nestes momentos nos que a crise sanitaria obriga a dispoñer de máis espazos para que os peóns poidan manter as distancias de seguridade para previr posibles contaxios do coronavirus. O corte da rúa central implica que o tráfico se derivará polas rúa laterais que manteñen o sentido orixinal da circulación, coa excepción dun tramo en Francisco Porto Rey.
11.06.2020- Serán dous os tramo da rúa Camilo José Cela que a partir do domingo pasarán a ser de dominio exclusivo dos peóns: O primeiro, o comprendido entre os cruces coas rúas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro e o segundo o que vai desta última ao cruce coa rúa Julio Camba. Deste xeito, a franxa peonil queda cortada en dúas pola circulación de vehículos que seguirá discorrendo por toda a rúa Álvaro Cunqueiro.

Para levar a cabo a peonalización, eliminiranse os aparcamentos dos tramos de Camilo José Cela afectados, permitíndose soamente o paso de vehículos para acceso a garaxes e labores de carga e descarga.

A proba desta peonalización manterase durante uns meses, a efectos de dar o tempo necesario para que condutores e peóns se afagan aos cambios e así poder avaliar con eficacia e sen distorsións o resultado da medida.
Dado que coincidirá cos meses de verán e seguindo a liña de actuación do Concello para facilitar a recuperación da hostalería tras as perdas ocasionadas polo peche durante o Estado de Alarma, permitirase que os bares e cafeterías da rúa instalen terrazas. Como antes carecían delas debido á estreitura das beirarrúas, os interesados deberán dirixirse ao Concello para solicitar á correspondente autorización que, en calquera caso, supeditarase ao cumprimento dos criterios de distanciamento e aforo establecidos pola normativa sanitaria relativa ao coronavirus.

A elección da Rúa Camilo José Cela para realizar esta primeira proba de peonalización non se fixo ao azar. Forma parte dos estudos realizados pola Concellería de Urbanismo e Mobilidade no marco do ambicioso plan que manexa para humanizar e modernizar todo o barrio do Piñeiriño. De feito, ao tratarse da columna vertebral do barrio, actuar aquí incidirá na maior parte da súa veciñanza dado o número de rúas que conflúen nela. E por tratarse da “porta de acceso” ao Piñeiriño, a actuación que se realice nela proporcionará a primeira impresión da nova configuración que terá o barrio: humanizado, moderno, cunha estética agradable e onde os espazos públicos estean pensados para o goce das persoas.

Primeira fase en marcha

O Plan de Humanización do barrio do Piñeiriño ten xa unha primeira fase que se atopa en fase de licitación e que afectará ás rúas Francisco Porto Rey, Álvaro Cunqueiro e Fontecarmoa. Cun orzamento de 205.971 ensancharanse as beirarrúas e eliminaranse as barreiras arquitectónicas nas dúas primeiras rúas e construirase a que falta no tramo da Rúa Fontecarmoa comprendido entre os cruzamentos con Doutor Tourón e Francisco Porto Rey. A adxudicación do contrato realizarase en breve, unha vez que os técnicos rematen a avaliación das 27 ofertas presentadas.

A segunda fase da humanización que o Concello pretende levar a cabo será a da Rúa Camilo José Cela cuxa peonalización se esta a partir do domingo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -