_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
DEPORTE
A Fundación abre as instalacións deportivas ao aire libre e os pavillóns de Fontecarmoa e amplía horarios

A entrada na fase 3 da desescalada permite á Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía continuar abrindo instalacións e ampliando servizos de forma gradual e conforme ás normas de flexibilización ditadas polo Goberno do Estado. Dende o luns están abertas e en uso as instalacións deportivas ao aire libre, así como os pavillóns 1 e 2 de Fortecarmoa. O horario de apertura amplíase, ao igual que o tempo de utilización de reserva, que pode chegar ás dúas horas. Mantense a reserva con cita previa, así como as normas xerais de prevención do COVID, como o uso obrigatorio da máscara.
10.06.2020.- Ás pistas de atletismo e ás canchas de tenis que xa estaban en funcionamento, sumáronse esta semana o campo de fútbol do Manuel Giménez, o campo do estadio de atletismo, o estadio da Lomba e, no que a espazos pechados se refire, os pavillóns 1 e 2 de Fontecarmoa e a zona deportiva do centro socio cultural e deportivo do Preguntoiro. As normas de uso varían en función do tipo de instalación, xa que nalgúns casos so se poderán utilizar a título particular, como nas fases anteriores, e noutros só se permitirá a utilización para o deporte federado.

As pistas de atletismo e as canchas de tenis poderán continuar utilizándose por particulares, ampliándose o aforo nas últimas, que pasa de 2 a 4 persoas, polo que xa se poderán xogar partidos de dobres.
Os clubs poderán facer uso das instalacións ao aire libre, permitíndoselle a realización de tarefas de carácter físico e técnico individualizado, así como adestramentos tácitos non exhaustivos de pequenos grupos de ata un máximo de 20 persoas. Neste último caso, non poderá haber contacto físico entre os deportistas, que deberán manter as debidas medidas de seguridade e protección.

Nas instalación pechadas (pavillóns 1 e 2), autorízase aos clubs a adestrar a pequenos grupos de deportistas ata un máximo de 12 persoas. Deberán manter a distancia de seguridade de 2 metros de maneira xeral, evitando as situacións de contacto físico.

O campo da Lomba resérvase para o adestramentos do Arosa S.C para a preparación da fase de ascenso. Pola súa banda, o Club de Remo Vilaxoán, poderá adestrarse no foxo do centro cultural e deportivo do Preguntoiro de cara á preparación da liga de traíñas que comeza a mediados de xullo. Ámbalas dúas instalacións foron debidamente desinfectadas pola empresa que se encarga da limpeza das dependencias municipais.

O horario de apertura do Complexo Deportivo de Fontecarmoa volve a ampliarse, pasando a estar operativas as instalacións, de luns a venres, de 9 a 13 horas pola mañá e de 17 a 23 horas pola tarde. Os sábados de 9 a 14 horas e de 17 a 22 horas. E o domingo só en horario matinal, de 9 a 14 horas.

Para facer uso das instalacións segue sendo necesario ser maior de 14 anos e solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 661 545 031 no horario de apertura das mesmas. Fora da quenda reservada non se poderá permanecer nas instalacións para evitar a acumulación de persoas nos espazos común do complexo.

Por precaución e dando prioridade á seguridade e saúde, os vestiarios e duchas do complexo manteranse pechados, polo que os usuarios individuais e os dos lubs deberán acudir xa vestidos coa roupa deportiva. Deberán traer da casa o material que precisen e non poderán compartilo con outros usuarios. Tamén deberán levar auga, xa que as fontes do complexo permanecen pechadas.

Nesta fase 3 mantense o sistema de entrada e saída única –que é pola porta do lateral máis próxima á piscina- para que os conserxes poidan facer o control de aforo e garantir que se cumpran as medidas hixiénicas (uso de máscara en todas as zonas comúns, limpeza do calzado nas bandexas desinfectantes e o uso de xel de mans).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2020  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -