_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
NOVAS TECNOLOXÍAS
A Concellería impulsa a dixitalización e modernización do sector servizos como método de recuperación

A Concellería de Promoción Económica e Emprego continúa avanzando na definición das estratexias a desenvolver no Plan de Protección do Tecido Social e Económico de Vilagarcía creado polo Concello para contribuír e axilizar a recuperación da economía local tras a pandemia do coronavirus. Dentro deste plan e no marco da campaña “Son da casa! Estamos unidos en defensa do noso”, o departamento que dirixe Alba Briones crea un apartado específico para impulsar a dixitalización e modernización do sector servizos de xeito que os negocios poidan adaptarse ás novas circunstancias tras a crise sanitaria, facerse máis competitivos e reforzarse para, en caso de producirse novas situacións adversas como a que estamos vivindo, poder afrontalas coas maiores garantías de éxito.
09.06.2020.- Esta estratexia está destinada ao sector servizos, dado que é o que maior peso ten na economía local de Vilagarcía e tamén porque está a ser o máis afectado pola crise económica derivada da pandemia. Por iso, desta colaboración co o Concello poderá beneficiarse calquera negocio ou pequena empresa do municipio pertencente a este sector. Con esta medida, a concellería pretende proporcionar ao sector ás ferramentas precisas para levar a cabo unha transformación que lle permita afrontar os retos do século XXI.

O apartado “Dixitalización e Modernización do Sector Servizos” componse de tres liñas distintas de actuación: Implantación de sistemas de venta “on line”, Asesoramento e implementación de Tics, soportes informáticos e tecnolóxicos e Formación. Neste último bloque establécese un apartado concreto para formación sobre medidas de protección e protocolos relativos ao COVID a aplicar no desenvolvemento da actividade dos negocios, e un segundo de formación en comercio “on line” e márketing comercial.

O Concello de Vilagarcía colaborará no desenvolvemento das accións que se acollan a estes tres puntos de dúas maneiras. Colaborando no financiamento ou promovendo directamente iniciativas nas que poderán participar os interesados, por exemplo organizando accións formativas abertas ao sector, previamente acordadas con eles en base ás necesidades ou intereses dos afectados e no marco do contido da estratexia.

A Concelleira de Promoción Económica xa empezou a contactar con colectivos e titulares de negocios do sector servizo para informar desta nova liña de colaboración. De feito xa se plantearon algunhas propostas para acometer a través desta estratexia e que se poderían facerse públicas moi pronto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -