_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Doutor Tourón, Alejandro Cerecedo e Alexandre Bóveda disporán de ciclocarrís para o uso de bicicleta

A ampliación das infraestruturas para o uso seguro da bicicleta como medio de transporte alternativo pola rede viaria de Vilagarcía comezará nas próximas semanas coa sinalización do que será o primeiro "ciclocarril" no municipio e que discorrerá por un tramo de Doutor Tourón, Alejandro Cerecedo e Alexandre Bóveda. O ciclocarril é un sistema de uso compartido de bicicleta e automóbil, coa avantaxa de que se dota de maior protección ao ciclista, mediante unha normativa de preferencia fronte ao coche, velocidade reducida e distancia de seguridade. O ciclocarríl será un complemento ás ciclovías proxectadas pola Concellería de Urbanismo e Mobilidade, que se aplicará en aquelas rúas da cidade onde pola falta de espazo ou outras necesidades non sexa posible habilitar un dobre carril diferenciado e exclusivo para ciclistas, como son as ciclovías.
06.06.2020.- O primeiro ciclocarril partirá na Avenida Doutor Turón, á altura da ponte sobre o río do Con e continuará cara o centro para adentrarse por Alejandro Cerecedo e Alexandre Bóveda, rematando inicialmente na confluenza con Valle Inclán. Como xa se dixo, trátase dun sistema de uso compartido, polo que coches e bicicletas poderán desprazarse indistintamente nun mesmo sentido polo carril correspondente de circulación. A diferenza cunha vía normal é que nas habilitadas como ciclocarrís terán preferencia os ciclistas, impoñendo normas que garantan a súa protección e que irán debidamente sinalizadas, tanto horizontal como verticalmente. No firme de cada carril pintaranse os símbolos das bicicletas para advertir de que se trata de ciclocarrís. Nesta vías, o límite máximo de velocidade establécese nos 30 quilómetros por hora -algo que xa está instaurado en todo o centro de Vilagarcía- e os vehículos deberán gardar unha distancia de seguridade respecto aos ciclistas non inferior aos 10 metros. Lémbrase que, por norma xeral, as bicicletas non poder circular polas beirarrúas e que ao circular pola calzada deben respectar as normas de circulación igual que calquera outro vehículo (respectar semáforos, parar nun stop, non circular por dirección prohibida…).

Todas estas normas irán debidamente sinalizadas. De feito a Xunta de Goberno Local aproba o luns a proposta da Concelle´ria de Urbanismo e Mobilidade para adxudicar o contrato menor para sinalización horizontal e vertical deste ciclocarril á empresa GaliSur por importe de 7.386 euros.

O inicio da implantación de ciclocarris por esta zona faise aproveitando que se están a levar a cabo os traballos de instalación dos semáforos definitivos na encrucillada de Doutor Tourón con Alejandro Cerecedo e Fariña Ferreño. No marco desta actuación, tamén está previsto elevar a plataforma viaria nesta encrucillada para poñer a calzada a nivel da beirarrúa de xeito que se facilita a accesibilidade dos peóns para cruzar a rúa e se dota á mesma dun novo punto de calmado do tráfico, ao ter os vehículos que reducir para subir e baixar a plataforma.

O uso do ciclocarril permitirá complementar o proxecto das ciclovías e ampliar a rede de infraestrutura ciclistas a todas aquelas rúas onde non sexa posible adoptar este último sistema, especialmente nas máis urbanas ou céntricas, cuxo ancho é limitado. Ao non ter que restar espazo á calzada para crear carrís exclusivos para a bicicleta tampouco se limitan as posibilidades para continuar ensanchando beirarrúas, seguindo o modelo de cidade que persegue o goberno local, con máis zonas peonís e rúas máis accesibles e seguras nas que o peón sexa o protagonista. Este aspecto gaña aínda máis importancia nas actuais circunstancias impostas pola pandemia do coronavius, cando se fai preciso seguir gañando espazos para os peóns para evitar aglomeracións e garantir o distanciamento necesario para previr contaxios. Neste punto, cómpre lembrar que as bicicletas non poder circular polas beirarrúas,

Mobilidade e respecto ao medio ambiente

A implantación do sistema de ciclocarrís, igual que o das ciclovías, enmárcase na políticas de mobilidade e de respecto do medio ambiente incluídas no programa de goberno do executivo que preside Alberto varela. Xa dende o anterior mandato, a concelleira de Urbanismo e Mobilidade, Paola María, puxo en marcha diversas iniciativas de promoción do uso da bicicleta como medio de transporte e desprazamento alternativo ao coche, saudable e respectuoso co medio ambiente. As xestión para a ampliación do carril bici no paseo marítimo a Carril, o que dará continuidade ao existente polo Paseo a Vilaxoán, a redacción do proxecto das ciclovías que se van a executar en breve a través dos fondos FEDER ou este dos ciclocarrís son os principais exemplos da actuación levada a cabo para dotar a cidade das infraestruturas suficientes e seguras para estender o uso da bicicleta polo municipio. Tamén nos vindeiros meses sairá a licitación a concesión do servizo municipal de bicicletas, coa intención de melloralo e amplialo.

No que ás ciclovías se refire, o proxecto xa redactado prevé a creación dun eixo principal composto por tres traxectos: A primeira ciclovía discorrerá entre o Piñeiriño e a rotonda das Carolinas pasando pola Avenida Rodrigo de Mendoza; a segunda partirá das Carolinas para chegar ao Ramal e continuará pola Avenida da Mariña; e unha terceira, as ciclovías chegarán a Vilaxoán e a Carril.

As características das ciclovías variarán en función da densidade e do tipo de tráfico co que teñan que convivir. Polo xeral, serán carrís de 2,5 metros de ancho e bidireccionais, que se colocarán a un dos lados ou no centro da calzada e que se distinguirán pola cor do firme e porque irán delimitadas con pivotes específicos para este tipo de infraestruturas. Deste xeito diferéncianse correctamente os usos das distintas zonas da vía e apórtase seguridade aos ciclistas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -