_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EDUCACIÓN
O Conservatorio abre o prazo de matrícula para realizar as probas de acceso ao Grao Profesional

O Conservatorio Profesional de Música ven de abrir o prazo de matrícula para as probas de acceso ao Grao Profesional de Música para o Curso académico 2020-2021. Trámite poderá realizarse ata o vindeiro mércores 10 de xuño de 2020, en cumprimento da Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación de 27/05/2020. As probas de acceso ao Grao Profesional comezarán o 15 de xuño e, en principio serán non presenciais, salvo naquelas especialidades nas que haxa máis candidatos que prazas ofertadas, ou naquelas que polas especificidades do instrumento non sexa posible realizalas de xeito non presencial.
04.06.2020.- As especialidades que se ofertan son: clarinete, frauta (2), guitarra, percusión, piano (3), saxofón, trompa, trompeta, violín e violonchelo.

Os candidatos deberán interpretar tres obras de distintos estilos sen acompañamento de ningún tipo, así como realizar un exercicio de lectura rítmica e entoación;non terán que realizar, por tanto, a proba de ditado nin a do exame de teoría. Esta proba non computará aos efectos das convocatorias de que dispón cada candidato para o acceso ao Grao Profesional.

Para poder realizar esta proba é necesario cumprimentar un impreso de matrícula e achegar a copia do DNI ao enderezo de correo electrónico conservatorio@vilagarcia.gal
Non se requirirá o pagamento de taxas pola realización da proba de acceso, dada a excepcionalidade da mesma.

As probas de acceso ao 1º curso do Grao Elemental terán lugar no mes de setembro e a matrícula realizarase a mediados de xuño.

Os impresos de matrícula e a información precisa sobre as probas están dispoñibles no taboleiro de anuncios de http://www.vilagarcia.gal e no enlace
https://drive.google.com/drive/folders/1UJ2cjkD2FRl_G7ABXX83R0xlmz7G0_cc?usp=sharing

Para realizar a matrícula e consultas deberán dirixirse a : conservatorio@vilagarcia.gal
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2020  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -