_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Concello e hostaleiros sentan as bases para ordenar e garantir a seguridade nas terrazas

Varios hostaleiros acudiron está mañá á reunión convocada polo alcalde, Alberto Varela, para abordar o acontecido a pasada fin de semana en algunhas zonas de locais nas que se produciron importantes aglomeracións de xente incumprindo as normas sanitarias do Estado de Alarma. O encontro serviu para reflexionar sobre o ocorrido e para establecer unha nova liña de colaboración para ordenar a actividade destes locais, permitindo que poidan continuar traballando, á vez que se garanta o cumprimento da normativa sanitaria. Dende o Concello fíxose ver que a implicación dos hostaleiros é imprescindible para poder manter o orden, extremo que estes compartiron comprometéndose a adoptar as medidas necesarias para o control da clientela.
03.06-2020.- Dado que os puntos tratados na reunión implican aspectos relativos á ordenanza de terrazas e de seguridade cidadá e orde público, na xuntanza tamén participaron a concelleira de Urbanismo e Mobilidade, Paola María Mochales, e o Xefe da Policía Local.

O Concello, como xa ten demostrado, pretende que o sector hostaleiro poida resarcirse das perdas sufridas co cese obrigado da actividade durante o Estado de Alarma. Con ese obxectivo modificouse excepcionalmente a ordenanza de terrazas para permitir unha maior ocupación de solo público para a instalación das terrazas, de xeito que o local puidera contar co maior número de mesas posibles aínda gardando as distancias de seguridade regulamentarias.

E nesta mesma liña de colaboración se enmarca a resolución que hoxe se acordou ditar para disipar calquera tipo de dubida que os hostaleiros puideran ter sobre as condicións nas que poden desempeñar a súa actividade na actual fase da desescalada. No texto tamén se recollerá de forma expresa a prohibición de instalar música de ambiente nas terrazas e de servir bebidas a clientes que non dispoñan de praza na terraza. Esta última medida pretende evitar que se xunte xente nas inmediacións das terrazas e fora dos locais para consumir bebidas.
A resolución, que se engadirá á Ordenanza de Terrazas, está sendo redactada polo departamento de Urbanismo.

A disposición do Concello para facilitar a recuperación deste sector, terá que ir necesariamente acompañada pola implicación dos propios propietarios dos locais no que ao control dos aforos e mantemento das distancias de seguridade da súa clientela se refire. Na reunión, os hostaleiros manifestaron a súa absoluta dispoñibilidade e comprometéronse a colaborar informando en todo momento aos clientes e mesmo a buscar xeitos de delimitar as distancias das terrazas. Incluso de falou da posibilidade de que en determinadas zonas se contratase máis persoal para manter un maior control e evitar aglomeracións.

O goberno valorou positivamente o resultado desta reunión, agradecendo o ánimo colaborador dos empresarios afectados e confiando en que “polo ben de todos” se cumpra o acordado. O executivo insiste, unha vez máis, en que a batalla contra o coronavirus aínda non está gañada e que é vital que sigamos a cumprir as normas de seguridade. Por iso, o Concello espera que prime a responsabilidade para evitar situacións de risco como as rexistradas a pasada fin de semana. Maila que se confía en que así ocorra, dende o Concello tamén se advirte que non se tolerarán ese tipo de comportamentos imprudentes e anunciou que a Policía Local intensificará o control durante a fin de semana, tal como se ordenou dende a Subdelegación do Goberno, e que se denunciará tanto a particulares como a locais que incumpran as normas sanitarias. As denuncias a establecementos poderían derivar no peche do mesmo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -