_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello inicia o reparto de máscaras para maiores, embarazadas e persoas con patoloxías de risco para o COVID

O reparto das máscaras adquiridas polo Concello de Vilagarcía para protexer do COVID ás persoas máis vulnerables do municipio xa esta en marcha. Maiores de 65 anos, embarazadas e persoas con patoloxías que agravan a incidencia do coronavirus poderán recoller en calquera das 13 farmacias do municipio a máscara FFP2 proporcionada polo Concello de forma gratuíta. Os maiores de 65 anos deberán facelo presentando o bono persoal que lles chegará aos seus domicilios por correo e os demais presentando a tarxeta sanitaria. As cartas comezaron a chegar onte aos domicilios e xa se distribuíu entre os establecementos farmacéuticos a primeira partida do material.
27.05.2020.- O Concello remitiu as cartas cos bonos individuais aos 8.218 veciños de Vilagarcía maiores de 65 anos, segundo consta nos datos do censo municipal. Estes bonos están numerados e son persoais, valendo para ser trocados nas farmacias por 1 máscara FFP2 que, como se sabe, son válidas para máis de un uso.

O resto da poboación vulnerable menor de 65 anos, embarazadas e persoas con patoloxías de risco (hipertensión, diabetes, problemas cardiovasculares, problemas pulmonares, cancro e afeccións de inmunodepresión), non recibirán o bono pero poderán dirixirse ás farmacias a recoller a máscara, para o calo deberán acreditar que pertencen a estes grupos. Para isto, deberán aportar a tarxeta sanitaria para que os farmacéuticos poidan comprobar pola medicación receitada, que realmente padece algunha das afeccións sinaladas e controlar que se entrega unha máscara por persoa.

O Concello dispón dunha partida inicial de 10.000 máscaras para distribuír de forma inmediata entre a poboación sinalada, cantidade que podería ampliarse de ser necesario.

As máscaras chegan no momento máis axeitado, xa que durante o confinamento, o illamento persoal reducía os riscos de contaxio. Agora, co inicio da desescalada, ao retomarse as saídas ás rúas, a apertura de establecementos comerciais e de ocio, os contactos persoais multiplícanse e fan necesario levar a máscara.

Precaución para previr rebrotes
públicos e na rúa, sempre que non se poidan gardar a distancia mínima de seguridade entre persoas, así como en instalacións pechadas. Tamén se prega á cidadanía que respecten as normas de seguridade e sexan prudentes en todas as actividades que realicen dado que a pandemia aínda non está superada e a relaxación no cumprimento das medidas preventivas pode provocar o rebrote do COVID.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -