_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Vinte empresas concursan polo contrato da segunda fase do plan de asfaltados de camiños municipais

O Concello de Vilagarcía recibiu un total de vinte ofertas de empresas interesadas en facerse co contrato da segunda fase do Plan de Asfaltados de Camiños Municipais do Concello de Vilagarcía. A administración municipal investirá 144.618 euros nesta obra que inclúe a mellora da rede viaria de camiños das parroquias de Rubiáns, Cornazo e Bamio e de lugares como A Laxe e Faxilde. Os traballos serán adxudicados tan pronto como os servizos técnicos avalíen as propostas técnicas e económicas. Mentres, segue aberto ata o 2 de xuño o prazo de presentación de ofertas para a primeira fase do mesmo plan, presupostada en outros 100.00 euros.
25.05.2020.- Coa execución do Plan de Asfaltados, o Concello pretende continuar avanzando na mellora e no mantemento da rede viaria municipal, especialmente a do entramado rural e da periferia. Os camiños incluídos no plan precisan dunha intervención debido ao desgaste da actual capa de rodadura, ou a que presentan afundimentos, fendas ou fochas. Os traballos aproveitaranse para ensanchar as vías naquelas zonas onde se levaron a cabo retranqueos para axustalas ás aliñacións previstas no PXOM, mellorando así as condicións da calzada e aumentando a seguridade viaria.

Nesta fase que está a piques de adxudicarse actuarase sobre camiños de Rubiáns (Rúa do Charco-Loenzo), Bamio (Travesía Nogueirido), A Laxe (Rúa Monte Xaquín, Quinteiro e Marmelo), Faxilde (Rúa do Xogo), Aralde Rúa de Aralde e Camiño Prata), e en Cornazo (Rúa Baixada a Pasos, Rúa A Pedra, Camiño da Balada, Rúa Veiga e Camiño dos Borrizos).


Os traballos a realizar consistirán no varrido inicial da superficie dos camiños, a mellora da capa de rodadura mediante asfaltado e a elevación das tapas de rexistro existentes. Cada unha das fases do plan de asfaltado e mellora de camiños ten un prazo de execución de 2 meses.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -