_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Servizos Sociais cubriu ás necesidades urxentes de 1.198 unidades familiares nos dous primeiros meses da crise do COVID 19

A memoria de resultados dos dous primeiros meses de funcionamento das medidas de carácter extraordinarios postas en marcha polos Servizos Sociais de Vilagarcía para dar cobertura ás persoas e colectivos máis vulnerables durante a crise sanitaria e como consecuencia do estado de Alarma constata a necesariedade do programa desenvolvido, así como a eficacia do traballo realizado. De feito, a través do servizo de Atención Psicosocial de Urxencia posto en marcha o 16 de marzo (ao día seguinte do inicio do Estado de Alarma) e que funcionou a través dun teléfono de atención continuada as 24 horas do día, ata o 16 de maio, cubríronse as necesidades urxentes de 1.198 persoas/familias. Delas, 352, ou o que é o mesmo, 0 29%, nunca antes tiveran que recorrer aos servizos sociais.
22.05.2020.- As cifras totais da memoria non inclúen as atencións de oficio en materia de violencia de xénero realizadas a través do CIM, e tampouco as do SPAD que continuou coas súas prestacións a través dos servizos mínimos.

A memoria elaborada pola coordinadora dos Servizos Sociais municipais apunta que das 1.198 unidades familiares atendidas a través do teléfono 24 horas, 916 recorreron ao servizo municipal por iniciativa propia, mentres que 282 o fixeron como consecuencia da atención de oficio do propio departamento. Como xa se indicou anteriormente, 352 das persoas/familias atendidas nunca antes precisaran de atención dos Servizos Sociais, mentres que 846 xa dispoñían de historial previo no departamento.

Como conclusión destácase que case o 30% das demandas referíanse á cobertura de necesidades básicas (alimentación, hixiene…) sendo o motivo principal a falla de recursos económicos derivada da falta de traballo (familias en procesos de ERTE) e tamén por un elevado número de persoas que realizaban traballos da economía somerxida (limpeza doméstica, mercados…) que se paralizou durante o confinamento.

Conforme avanzaron as semanas, apreciouse un incremento da preocupación dos/as usuarios/as por como afrontar o pago do aluguer, xa que manifestaban que moitas entidades bancarias non estaban a dar respostas aos microcréditos anunciados polo Goberno Central e que non chegaba a resposta da Comunidade Autónoma ás axudas de aluguer. Pola súa banda, as axudas de aluguer do Concello se están tramitando de forma ordinaria.

Atención á dependencia

Durante estes dous meses, rexistráronse 33 altas no Servizo de Axuda no Fogar. Delas, 7 foron altas ordinarias e 26 altas de urxencia social debido á falta de apoios familiares no coidado de persoas maiores e dependentes e polo peche dos centros de día como consecuencia do confinamento. Neste último grupo 21 altas foron de carácter extraordinario e 5 de incremento de horas a persoas xa usuarias.

Persoas sen fogar e en situación de exclusión

Outro colectivo vulnerable ao que se lle prestou especial atención durante a crise sanitaria foi o das persoas sen fogar. Para axudalos a pasar o estado de confinamento creouse un albergue provisional en Fexdega que acolle a 26 transeúntes. A atención prestada a este colectivo non se limitou a darlles aloxamento e alimento durante a súa estancia, senón que dende os servizos Sociais do Concello tamén se están realizando os trámites necesarios para que dispoñan duns ingresos básicos que lles permitas subsistir con menos dificultades a través da obtención dunha Renda de Integración Social.

Para moitos destes transeúntes acollidos no albergue de Fexdega, así como para outras persoas en risco de exclusión social, están en proceso de tramitación nos Servizos Sociais do Concello un total de 64 Risgas, 46 Axudas de Inclusión Social da Xunta e 140 Axudas de Inclusión municipais.
Actuacións de proximidade

A través da rede de voluntariado creada durante a crise sanitaria e coa colaboración dos colectivos Arousa Moza e O Soño de Lilith, tamén se levaron a cabo un total de 539 accións de proximidade relativas á entrega domiciliaria da compra de alimentos (125) e de farmacia (319), así como a colaboración con persoas dependentes ou de especial risco na retirada do lixo (57) e outras labores (12). Tamén a través do voluntariado de realizaron 319 entregas de materiais educativos e deberes para o alumnado.

Acompañamento, convivencia e violencia de xénero

A través da unidade de acompañamento, convivencia e violencia de xénero atendeuse a 246 persoas. O acompañamento telefónico diario prestouse a través de 13 voluntarias que realizaron 1.363 atencións. Prestouse este servizo a 37 persoas maiores e deuse atención psicolóxica a 10 mulleres e asesoramento xurídico a outras 4. Tamén se atendeu a 5 mulleres en situación de violencia de xénero que carecían de historia previa neste departamento, e se asistiu a unha muller para mellorar a dinámica relacional cos fillos/as durante o confinamento.
A maiores, fíxose seguimento de oficio a 189 mulleres usuarias do CIM e realizáronse 320 atencións.

Complemento coas xestións ordinarias dos Servizos Sociais

As accións extraordinarias levadas a cabo polos Servizos Sociais do Concello complementáronse en todo momento coa xestión ordinaria do departamento municipal, dende onde se continuou traballando tanto de forma presencial como do teletraballo. Ademais de todo o relativo á organización e coordinación do servizo de atención psicosocial de urxencia e dos trámites que de aí xurdiron, continuouse realizando a xestión administrativa, a tramitación de expedientes de axudas de todo tipo, e desenvolvendo os programas existentes, previa adaptación ás circunstancias impostas polo Estado de Alarma e o confinamento.

Na actualidade, e dado o comezo da desescalada, estase á espera de recibir as correspondentes instrucións da Dirección Xeral de Inclusión Social e Inspección de Centros da Xunta de Galicia para definir o marco da metodoloxía e actuación a realizar dende do departamento municipal para a tramitación de diversos recursos e prestacións sociais para as visitas domiciliarias, e proceso de desactivación do albergue temporal de Fexdega, entre outras cuestións.

Valiosa experiencia de aprendizaxe

Como consecuencia do inicio da desescalada e a flexibilización das normas do Estado de Alarma e das normas do confinamento, a Área que dirixe Tania García puxo en marcha a semana pasada o plan de desactivación progresiva dos servizos extraordinarios postos en marcha no inicio da crise, que se irán asumindo dende as canles ordinarias do departamento. Maila isto, do informe da coordinadora, despréndese a necesaria reorganización da Área para adaptarse as novas demandas que están xurdindo e que se manterán no tempo. Tamén se prevé o reforzo dos recursos materiais e humanos para poder atender e tramitar coa axilidade precisa o incremento das solicitudes de axudas sociais que se aveciña.

A maiores da permitir asistir e cubrir as necesidades das persoas e colectivos máis vulnerables, a posta en marcha do servizo de atención psicosocial de urxencia proporcionou unha experiencia da que aprender e sacar conclusións para a súa aplicación no funcionamento dos Servizos Sociais municipais de cara ao futuro. Segundo a valoración da responsable técnico do departamento, a creación dunha rede de traballo coordinado entre distintos servizos municipais (Servizos Sociais, CIM, SPAD, Policía Local, Emerxencias, traballadores municipais e voluntarios) "repercutiu moi positivamente na comunidade". Dada a detección de novas necesidades de carácter social derivadas dea crise sanitaria de cara ao futuro, proponse manter estas sinerxias
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -