_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
“Son da Casa!” servirá de imaxe para o Plan de Protección do Tecido Socia e Económico trala crise sanitaria

“Son da Casa! Estamos unidos en defensa do noso” é a campaña que acaba poñer en marcha o Concello de Vilagarcía como marca paraugas que acollerá todas as accións a desenvolver no Plan de Protección do Tecido Social e Económico de Vilagarcía. A campaña terá especial incidencia na activación da economía trala crise sanitaria do Covid-19, pero non só iso: servizos sociais, cultura, deportes... calquera acción farase pensando en defender “o noso”. Porque, ao fin e o cabo, todos somos “da casa”.
21.05.2020. Na súa presentación, o alcalde, Alberto Varela, lembrou que en Galicia e polo tanto en Vilagarcía tamén hai un forte sentimento de pertenza a unha comunidade. Por iso, para que alguén se lle considere “da casa” non fai falla que sexa “da familia”, simplemente pasa a ser “dos nosos”. E cando isto ocorre, ante calquera adversidade, todos estamos unidos na defensa do noso.

A imaxe da campaña reflicte ese feito. Unha cidade non é máis que a suma de invidualidades (persoas, clubs, comercios, empresas...), todas distintas (de aí as distintas cores que as identifican). Pero, a súa vez, todas están máis ou menos relacionadas. O mesmo unhas casas con outras. A suma de todos eses universos e relacións forman a gran casa, que é o concello de Vilagarcía.

E diso se trata, explicou o alcalde, de reforzar esas relacións, ese sentimento de comunidade. “Eu, que son da casa, cómprolle a eles, que tamén son da casa”, expuxo graficamente. Esta idea terá o seu reflexo na campaña específica de bonos para comercio e hostalería. Terán un valor de 30 euros, dos que 20 os pon o veciño e 10 o concello. Se trata de inxectar diñeiro público na economía privada e de fomentar o compromiso de apoio de todos a todos.

Pero, como se dixo, “Son da Casa!” non se centrará unicamente na economía. A parte social tamén será moi importante. Proba diso serán os concertos organizados arredor de Santa Rita. Todos de grupos e artistas locais, é dicir, “da casa”, e en defensa da nosa cultura. O mesmo será de aplicación aos Servizos Sociais. Aquelas familias máis necesitadas tamén son “da casa” e de aí o importante esforzo persoal e económico que está desenvolvendo o concello, con máis de 1.200 atención dende comezou a crise. O reparto de máscaras a todas as persoas maiores de 65 anos (máis de 8.200), as medidas de fiscalidade para autónomos e pymes, os programas de formación e creación de emprego ou as axudas ás ONGs tamén forman parte do Plan de Protección do Tecido Social e Económico e, polo tanto, igualmente de “Son da Casa”!, resumiu o alcalde.

Alberto Varela expresou, por fin, o seu desexo de que “ese espírito impregne a toda a cidadanía. En breve, comezarán a funcionar os bonos pero haberá miles de bolsas para o comercio, vallas publicitarias, anuncios nos medios e outras accións nas que estamos traballando para que figuras destacadas da sociedade local se sumen tamén a difusión desta mensaxe. Vilagarcía somos todos e, polo tanto, todos somos da casa. De nós depende saír adiante. E eu, como alcalde, non teño dúbida de que así será”.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -