_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
ECONOMÍA
Os comerciantes e hostaleiros poderán solicitar as axudas directas do Concello a partir do luns 25

Os comerciantes e hostaleiros que tiveron que pechar as súas portas o viron sensiblemente diminuídos os seus ingresos por mor da crise sanitaria poderán solicitar as axudas directas aprobadas polo Concello a partir do vindeiro luns, día 25 de maio. O montante total é de 400.000 euros, segundo explicaron o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Alba Briones.
20.05.2020. De acordo co manifestado no seu día, e fieis ao espírito de “Son da Casa! Estamos unidos na defensa do noso”, o texto da convocatoria foi consensuado cos grupos da oposición, cuxas aportacións foron incluídas na súa maioría. O programa deberá pasar polo pleno da Corporación, o xoves 28, para aprobar a modificación de crédito que permitirá dispoñer de eses 400.000 euros. Pero como a intención é axilizar ao máximo a prestación desas axudas, o prazo de solicitude abrirase previamente, o vindeiro luns, día 25. Tanto as bases coma o formulario están dispoñibles en sede.vilagarcia.gal.

Conforme ao solicitado por distintos axentes sociais, a tramitación tratou de simplificarse canto se puido, de xeito que se reduciron os requerimentos documentais para xustificar as perdas nos negocios. Como xa se anunciou, as axudas serán de dous tipos. Unhas para os que tiveron que pechar forzosamente, e as contías estarán entre os 500 e os 800 en función de se trata dun establecemento ou se o mesmo titular ten máis de un. As outras son para os puideron continuar coa súa actividade pero os seus ingresos se viron sensiblemente reducidos. Neste caso, as axudas van dos 300 aos 500 euros, segundo se trate, novamente, de un ou máis establecementos do mesmo titular.

Esta convocatoria súmase a outras iniciativas, como a dos bonos de comercio e hostalería que comezarán a funcionar en breve, tan pronto como se pechen as negociacións coas entidades bancarias para a súa xestión. En principio, a aportación municipal é de máis de 75.000 euros, é dicir, dous euros por habitante, o que suporá poñer en funcionamento máis de 225.000, xa que os bonos, cun prezo de 20 euros para o veciño terán un valor de 30, xa que os 10 restantes ponos o Concello.

Paralelamente, o Concello impulsa unha serie de medidas de fiscalidade, con bonificacións e aprazamentos nos pagos de taxas e impostos, e está a reformar unha das liñas do Programa Edusi, financiado con Fondos FEDER, o que permitirá inxectar na economía local outros 500.000 euros.

O alcalde reafirmou o compromiso do goberno local co tecido social e económico do Concello, animou a todos os cidadáns a facerse cómplices das campañas de animación e agradeceu a labor construtiva da maioría dos grupos da oposición, que coas súas aportacións non só melloran as convocatorias senón que amplían o respaldo social e política a esas medidas de recuperación da actividade local.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -