_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O Punto Limpo volve a funcionar en horario completo a partir do luns e a recollida de voluminosos retómase a partir do martes

O Concello de Vilagarcía continúa a súa particular desescalada no que aos servizos municipais se refire e de acordo ás normas xerais decretadas nas diferentes fases establecidas polas autoridades sanitarias. A vindeira semana volverán a estar operativos na área de Limpeza os servizos do Punto Limpo, a partir do luns 18 de maio, e de recollida de residuos voluminosos, ao día seguinte, martes 19.
15.05.2020.- Coa entrada na fase 1 da desescalada e a flexibilización das normas de mobilidade, as instalacións de Pinar do Rei reabrirán volverán a funcionar en horario de mañá e tarde a partir do luns para que os usuarios que o precisen poidan levar ao centro os residuos de aparellos electrónicos, voluminosos ou perigosos. Lémbrase que este servizo só pode ser utilizado por particulares residentes no municipio e que é de balde para eles, xa que negocios e empresas están obrigados por lei a contar cos seus respectivos xestores de residuos.

O Punto Limpo abrirá inicialmente de luns a venres en horario de 10 a 13.30 e de 16 a 20 horas. A apertura en fin de semana, coo antes do estado de alarma, aínda terá que esperar. Para evitar a coincidencia de varias persoas, recoméndase que antes de trasladarse ao Punto Limpo, chamen ao teléfono 670 508 489 para concretar día e hora.

En canto á recollida de voluminosos, o servizo volve a prestarse nas mesmas condicións que antes do confinamento. É dicir, realizarase dous días ao mes, en concreto o primeiro e terceiro martes de cada mes. Comeza o día 19, que se corresponde co terceiro martes de maio.
Para facer uso deste servizo, os interesados deberán chamar primeiro á empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, ao número 986 50 16 17.

É suficiente con facelo un par de días antes do martes que corresponda, ou incluso o mesmo día. Alí tomarán nota do enderezo e o punto onde o particular deixará os voluminosos dos que se quere desfacer. É importante lembrar que os residuos deben deixarse na rúa o mesmo día no que se vai a facer a recollida, e preferiblemente nesa mesma tarde-noite. Así evítase a mala imaxe que da a acumulación deste tipo de residuos na vía pública durante varias xornadas.

Limpeza e desinfección de vías e espazos públicos e protocolos de seguridade

Como xa se informara, a recollida de voluminosos suspendeuse temporalmente dende o inicio do confinamento ante a necesidade de dispoñer de todos os recursos materiais e humanos posibles para reforzar as tarefas de limpeza e desinfección viaria e dos espazos públicos, traballos moi necesarios para eliminar os riscos de contaxio do coronavirus, especialmente nas primeiras etapas da crise sanitaria cando a pandemia aínda non estaba tan controlada.
Ademais, os protocolos de seguridade impostos no eido laboral como consecuencia do coronavirus tamén limitou a capacidade de acción da concesionaria, ao ter que traballar por quendas con grupos reducidos de persoal permanente para evitar posibles contaxios e, no caso de darse, que as corentenas afectasen ao menor número de persoas posibles.

Maila a retomar o servizo de recollida de voluminosos, o Concello continuará igualmente coas labores de desinfección de vías, rúas, prazas, espazos públicos e mobiliario urbano. Precisamente, hai uns días adaptouse un vehículo do servizo de Emerxencias para a desinfección de mobiliario urbano a través dun sistema de nebulización de auga con lixivia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -