_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O albergue de peregrinos de Carril será un miradoiro á ría inspirado nas “casas pincho” e con capacidade para 30 persoas

O Concello de Vilagarcía dispón xa do proxecto construtivo e de execución do albergue de peregrinos de Carril. O deseño, obra do arquitecto Iago Fernández Puentes, prevé reformar a estrutura inacabada da ampliación da casa da cultura para transformala nunha especie de miradoiro á ría, perfectamente integrado na contorna e inspirado nas “casas pincho” típicas da arquitectura mariñeira galega e nas industrias conserveiras e de salazón. Cunha superficie útil de 443 metros cadrados e cunha capacidade para 30 persoas, o albergue deseñouse baixo criterios de funcionalidade, eficiencia e calidade e contará con todos os servizos que precisa un aloxamento para peregrinos: recepción, botiquín, zonas de estar, aseos, duchas, taquillas, dormitorios, lavandería, almacén, aparcabicis, terrazas e zona verde.
16.05.2020.- Á hora de elaborar o proxecto, o autor tivo que afrontar dous condicionantes principais: adaptar a actuación á estrutura existente na rúa Camiño da Igrexa e xustarse ao especificado pola Xunta de Galicia no Decreto 48/2016, do 21 de abril, polo que se establece a ordenación dos albergues turísticos.

O edificio conta con baixo, primeiro andar e baixo cuberta, así como un terreo aledaño. Na planta baixa, que comunica directamente coa rúa, habilitarase un recibidor, a zona de recepción , un aseo e unha zona de botiquín. Unha suave rampla comunicará a zona do recibidor coa lavandería (con lavadoras, secadoras e zona de tendedeiro para uso dos peregrinos aloxados) e coa zona para gardar as bicicletas.. Xa para uso restrinxido ao persoal, no baixo haberá unha zona de almacén, sala de máquinas para instalar as caldeiras de auga e calefacción, así como os contedores de recollida selectiva de lixo aos que se poderá acceder directamente dende a rúa para facilitar o seu baleirado e recollida.

Xunto á recepción disporase un ascensor e arrancarán as escaleiras que comunican cos dous andares superiores que terán unha distribución similar: un amplo distribuidor ao pé das escaleiras e o ascensor, que serve para ordenar o resto das estancias como os dormitorios, cuartos de aseos, duchas, e salas de estar. Estas estará intercomunicadas entre andares ao configurarse como patio balconado nunha dobre altura.

A sala de estar na primeira planta sitúase cara a fachada principal do edificio, relacionándose directamente co exterior a través dunha gran fronte de vidro que da paso a unha terraza orientada ao oeste protexida por unha pérgola vexetal.
O corredor distribuidor do interior, no que se colocarán as taquillas, dará paso aos cuartos de aseo (un para homes e outro para mulleres) dotados cada un con 2 lavabos, 3 pratos de ducha e 3 inodoros.
Finalmente haberá 3 dormitorios de 6 prazas cada un, para o cal instalarase en cada habitación 3 liteiras, así como mesas individuais de lectura e para gardar efectos persoais.
Como xa de dixo, o baixo cuberta mantén a mesma distribución que o primeiro andar, salvo que so contará con 2 habitacións, coa mesma capacidade e mobiliario que as anteriores, e 2 cuartos de aseo, tamén iguais aos de abaixo. O terceiro dormitorio convértese aquí nunha sala de estar dende a que se pode ver a do nivel inferior, ao xerarse un espazo en dobre altura que aproveita a luz natural que entra pola fachada de vidro. No exterior tamén se xera un balcón retranqueado respecto ao nivel inferior e que se converte nun miradoiro para admirar as vistas de illa de Cortegada, a ría de Arousa e o inicio da ruta marítimo fluvial Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.
Todos os locais do edificio, incluídos os dormitorios e os aseos, cumpren coa normativa vixente de accesibilidade e eliminación de barreiras para persoas con limitacións de mobilidade.

Zona verde de esparexemento con parra de albariño

A actuación proxectada prevé tamén o acondicionamento da finca posterior que se habilitará como zona de descanso, esparexemento e para a realización de actividades ao aire libre.

Os terreos acondicionaranse axeitadamente e nos laterais habilitaranse camiños de pavimento terrazo que darán paso a zonas de céspede como as que tamén se crearán na terraza da primeira planta. Por último instalaranse xardineiras e plantarase unha parra de vide de albariño.


Urbanización e mellora da contorna

O autor do proxecto non se limitou á definir o edificio, se nón que tamén preveu no proxecto as solucións cos servizos a través de actuacións de urbanización na contorna do albergue co fin de supervisar e garantir o correcto funcionamento da evacuación de augas pluviais, a instalación do saneamento e evacuación de augas residuais e a mellora de accesos ao edificio e á contorna natural da parcela.

O custe de execución deste proxecto ascende a 600.000 euros (impostos incluídos) que o Concello de Vilagarcía ten previsto financiar a través do Plan de Obras e servizos da deputación provincial de Pontevedra, o denominado Plan Concellos. A solicitude xa se cursou, estando á espera de recibir a aprobación do organismo provincial para continuar coa tramitación do proxecto que pasa por rematar os pregos para finalmente licitar a obra. O prazo de execución da mesma sería de 10 meses.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -