_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
BIBLIOTECAS
O servizo de préstamo na Biblioteca Municipal farase a través de cita previa a partir do luns

A Biblioteca Municipal de Vilagarcía reabre as súas portas o vindeiro luns, 18 de maio, para a prestación dos servizos de préstamo a domicilio, devolución de obras e información bibliográfica e bibliotecaria. A limitación dos servizos faise necesaria para cumprir a normativa de seguridade especificada na Orde SND/399/2020 do 9 de maio relativa á fase 1 da desescalada do estado de confinamento pola pandemia do COVID19. Por isto, o préstamo de obras realizarase preferentemente con cita previa; a solicitude de información, tamén preferentemente, por teléfono ou mail; e ás instalacións deberase acudir individualmente, salvo os menores de 14 anos, ao acceder ás instalacións os usuarios deberán desinfectarse as mans co xel hidroalcohólico que se porá a súa disposición á entrada, e terán que gardar as distancias de seguridade interpersoal. O horario de funcionamento nesta fase será de 9 a 14 horas, de luns a venres.
14.05.2020.- Nesta primeira da desescalada, a actividade da Rede Municipal de Bibliotecas Públicas de Vilagarcía centralizarase na Biblioteca Rosalía de Castro, quedando pendente a reapertura das Axencias de Lectura de Vilaxoán, Carril e Bamio para cando estean adaptadas ás correspondentes medidas de seguridade. Os servizos irán ampliándose en toda a rede en función das normas que se vaian aprobando en cada unha das fases da desescalada e da necesaria adaptación dos medios dispoñibles a elas.

Préstamo a domicilio

As obras serán solicitadas polos usuarios e proporcionadas polo persoal da biblioteca. As solicitudes deberán realizarse preferentemente a través do correo electrónico biblioteca@vilagarcia.gal ou do teléfono 986 56 52 28. Deste xeito evitarase a acumulación de persoas nas instalacións e tamén desprazamentos inútiles, no caso de que a obra solicitada non estea dispoñible por estar en préstamo ou un corentena, ou non figure no fondo do centro. De estar dispoñible, diráselles día hora para pasar a recollela sen ter que esperar, reducindo así o tempo de permanencia nas instalacións.

Devolucións de obras

As obras devoltas (en papel ou noutros soportes) ao persoal da Biblioteca serán depositadas nun lugar apartado por un período mínimo de 14 días, de maneira que poida garantirse que non estean infectadas cando volvan a ser utilizadas.

Información bibliográfica e bibliotecaria

Realizarase preferentemente a través do correo e do teléfono antes indicados, co fin de evitar colapsar o servizo de préstamo e devolucións.

Recomendacións xerais:

- Recoméndase aos usuarios que acudan sos á biblioteca.
- Os usuarios menores de 14 anos deben estar acompañados por un adulto responsable.
- Recoméndase o uso de xel hidroalcohólico, a disposición dos usuarios nas instalacións da biblioteca.
- Os usuarios deberán seguir en todo momento as instrucións do persoal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -